Nova axuda para o recoñecemento de títulos profesionais en Alemaña

Nota informativa da Consellaría de Emprego e Seguridade Social da Embaixada de España en Berlín.

Nota informativa da Consellaría de Emprego e Seguridade Social da Embaixada de España en Berlín
Nota informativa da Consellaría de Emprego e Seguridade Social da Embaixada de España en Berlín
Listen to this page using ReadSpeaker
Berlín, 20 de decembro de 2016.

O Ministerio Federal de Educación e Investigación lanzou unha nova axuda para facilitar o recoñecemento ou a equiparación de títulos profesionais estranxeiros (“Zuschuss für die Berufsanerkennung”). Trátase dun proxecto piloto que entrou en vigor o 1 de decembro de 2016 e terá tres anos de duración.

Beneficiarios/as
A axuda está dirixida a persoas con poucos medios económicos que non reciben outro tipo de subvención e que:

  • Posúen un título profesional estranxeiro e queren homologalo ou equiparalo cunha titulación alemá
  • Residen en Alemaña desde fai polo menos tres meses (con independencia da nacionalidade, o status de residencia ou o país no que se titularon)
  • Non teñen suficientes medios económicos (ingresos anuais impoñibles máximos de 26.000 euros; matrimonios ou parellas recoñecidas: 40.000 euros).

 

Que cobre a axuda

  • Gastos de tradución, compulsas de diplomas e títulos, ditames
  • Tarifas e gastos do procedemento de recoñecemento, gastos relacionados coa obtención de comprobantes, gastos da análise de cualificaciones, así como gastos de transporte no interior de Alemaña relacionados coa solicitude

Que non cobre a axuda

  • Medidas de adaptación profesional ou similares, recursos lectivos (p.ex. libros), tarifas de exames, gastos de manutención e asistencia
  • Cursos de idioma e tarifas de exames
  • Gastos e tarifas pola expedición da documentación requirida  para  a  admisión para o exercicio da profesión (p.ex. médicos), como son o certificado de non antecedentes penais ou o certificado médico

En que consiste a axuda
A axuda consiste nun importe máximo de 600 euros; as solicitudes poden realizarse a partir dun gasto total de 100 euros.
O pagamento da axuda realizarase en base aos comprobantes achegados. O prazo de presentación dos comprobantes é de 6 meses a partir da confirmación, como moi tarde tres meses despois de finalizado o procedemento.

Onde se presenta a solicitude
As oficinas de asesoría que teñan a competencia sobre recoñecemento e homologación de títulos, en particular as oficinas da rede Integración mediante cualificación (IQ-Netzwerk) remitirán a solicitude á autoridade que xestiona a axuda.

Importante!

  • A solicitude debe presentarse antes de iniciar o trámite de recoñecemento
  • A  axuda  non  se outorgará    cando  o/a  interesado/a estea a percibir  polo mesmo  concepto algún  tipo  de subvención procedente doutra institución

Máis información (en alemán):

669 lecturas