Na súa primeira viaxe a Uruguai nesta lexislatura, Miranda reúne ás e aos representantes de tódalas comunidades galegas presentes no país

Ademais, acompañado polo embaixador de España e o delegado da Xunta, participou na cea de homenaxe ás e aos benefactores do Fogar Español de Montevideo, senlleira institución de asistencia social fundada pola diáspora.

Alí, o secretario xeral da Emigración recordou que “boa parte das institucións de atención social e sanitaria máis importantes de Uruguai, e doutros países, foron fundadas por galegos”.

  • Miranda, Varela e Dobarro, coas e cos representantes das comunidades galegas no Uruguai
    Miranda, Varela e Dobarro, coas e cos representantes das comunidades galegas no Uruguai
  • Miranda, Varela e Dobarro, coas e cos representantes das comunidades galegas no Uruguai
    Miranda, Varela e Dobarro, coas e cos representantes das comunidades galegas no Uruguai
  • O secretario xeral, o embaixador de España e o delegado da Xunta entregaron as 'compostelas' á mocidade galega do Uruguai do Conecta con Galicia 2016
    O secretario xeral, o embaixador de España e o delegado da Xunta entregaron as 'compostelas' á mocidade galega do Uruguai do Conecta con Galicia 2016
Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2017.
Listen to this page using ReadSpeaker

Tras pulsar a actualidade da diáspora galega na Arxentina e manter diversos contactos institucionais na capital, o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e o delegado da Xunta en Arxentina e Uruguai, Alejandro López Dobarro, iniciaron na capital deste último país a súa axenda oficial achegándose ata o Centro Pontevedrés Social y Deportivo de Montevideo, membro da Comisión Delegada do Consello das Comunidades Galegas, e que preside Valentín López.

Alí, mantiveron a primeira reunión nesta lexislatura con todas e tódolos representantes das distintas comunidades galegas no Uruguai, para pulsar de primeira man a actualidade e necesidades da diáspora no país e trasladar as liñas de traballo da Secretaría Xeral para este ano 2017.

Tal e como fixeran en Bos Aires, presentaron as novas ‘Bolsas Excelencia Mocidade Exterior’, coas que Galicia quere atraer á terra os expedientes brillantes da diáspora; presidiron a presentación do libro de Alberto Cacharrón Crónicas de un bicigrino sobre o Camiño de Santiago; e tamén a entrega de ‘compostelas’ ás e aos participantes procedentes de Montevideo e que participaran na edición deste pasado ano do ‘Conecta con Galicia’.

Xa pola noite, presidiron a homenaxe ás e aos benefactores do Hogar Español de Montevideo, un evento co que esta institución -bandeira da solidariedade coas galegas e os galegos máis desfavorecidos en Uruguai- agradece o altruismo de persoas e institucións que o axudan no seu labor.

Admiración
Na súa alocución ás e aos presentes, Miranda afirmou que “as e os galegos caracterizámonos por unha profunda solidariedade cos que máis nos necesitan. Boa parte das institucións de atención social e sanitaria máis importantes de Uruguai, e doutros países, foron fundadas por galegos. Para todos nós é un orgullo e, como máximo responsable do Goberno galego nesta materia, motivo persoal de emoción”, asegurou o secretario xeral.

“En nome de tódalas galegas e galegos do mundo” -concluíu- “quero transmitirvos o meu respecto, a miña admiración e, por riba de todo, o meu agradecemento por todo o que fixestes e faredes por Galicia, por Uruguai, e por este pobo orgulloso de xente coma vós”.

Miranda conclúe a súa viaxe por Uruguai hoxe, onde -de novo en compañía de Varela e Dobarro- participará na Romaría do Centro Galego de Montevideo, a comunidade galega máis antiga en activo.

535 lecturas