Morre en Bos Aires Maruxa Boga, a voz dos emigrantes galegos.

Durante case 40 anos, a actriz e locutora dirixiu o programa radiofónico «Recordando Galicia».

28 de xullo de 2010.
Listen to this page using ReadSpeaker

A voz de referencia para os emigrantes galegos en Arxentina calou esta semana. A actriz e locutora Maruxa Boga, que ao longo de 40 anos dirixiu o programa de raio «Recordando Galicia», faleceu en Bo Aires aos 95 anos.

Filla dun matrimonio de emigrantes galegos de Lestrove, Maruxa residiu toda a súa vida en Bos Aires, pero nunca se esqueceu das súas orixes. Ata o fin da súa vida mantivo o compromiso político coa súa terra natal e actuaba na defensa das tradicións e a cultura galegas. O último acto público en que participou foi unha homenaxe aos 60 anos do falecemento de Castelao, o pasado xaneiro.

Todos os sábados pola tarde, dende agosto de 1945 ata marzo de 1984, Maruxa falaba aos emigrantes galegos no seu programa na radio Rivadavia. Por aí pasaron artistas, políticos e escritores exiliados tras o golpe franquista.

Ademais do traballo na radio, Maruxa Boga fundou nos anos 40 unha compañía de teatro que se converteu nunha referencia para os emigrantes galegos na Arxentina. Nese traballo, a actriz contou co apoio do seu compañeiro de profesión Manuel Tacholas.

1199 lecturas