Miranda visita o maior castro de Galicia e gaba o traballo de recuperación da cultura propia, que demostra que os antiguos galegos e galegas foron “pioneiros no que hoxe chamamos globalización”

  • O secretario xeral da Emigración, no Centro de Interpretación conxunto arqueolóxico de San Cibrao de Las
    O secretario xeral da Emigración, no Centro de Interpretación conxunto arqueolóxico de San Cibrao de Las

Santiago de Compostela, 20 de agosto de 2017.
Listen to this page using ReadSpeaker

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda,  visitou o Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa “Lansbrica” de San Cibrao de Las, no concello de San Amaro (Ourense), coincidindo coa celebración das Xornadas de Cultura Celta clausuradas polo alto cargo autonómico.

Acompañaron a Miranda na visita o delegado de Cultura, Deportes e Mocidade da Deputación Provincial e concelleiro en Pereiro de Aguiar, Manuel Doval Soto, e os alcaldes de Leiro, Francisco José Fernández Pérez, e o da propia localidade anfitrioa, Ernesto Pérez González.

Miranda gabou o labor realizado polas e polos técnicos e especialistas que traballan no recinto, por canto “recuperar a nosa propia historia é fundamental, tanto para os galegos do territorio como para aqueles que viven no resto de España, de Europa, en América. E moito máis se, como se demostra nesta ocasión, a cultura castrexa parece ser das primeiras que naturalizaron o contacto e comercio internacional con outros pobos, tanto por vía marítima coma terrestre, convertendo aos galegos do pasado en pioneiros daquilo que hoxe, en pleno século XXI, chamamos globalización”.

O castro
O conxunto arqueolóxico de San Cibrao de Las destaca pola gran superficie que ocupa, aproximadamente unhas dez hectáreas -que o converte no maior de toda Galicia- e polo seu bo estado de conservación. Conta cun magnífico Centro de Interpretación, e está situado no cruce dos ríos Miño e Barbantiño, unha situación idónea que ofrece a vantaxe do amplo dominio visual sobre o territorio circundante, razón pola que foi un dos grandes centros “urbanos” da Antigüidade.

Na súa morfoloxía xeral destaca a existencia de dous recintos amurallados: a croa ou recinto superior, con dependencias comunais e especialmente protexidas, e o ámbito inferior, de maior superficie, e onde se sitúa a zona destinada ás vivendas dentro do xacemento. O poboado atópase rodeado dun forte sistema defensivo, formado por varias e sólidas liñas de murallas, un foxo e parapetos.

Trátase dun exemplo ben representativo da etapa final da cultura castrexa, habitado desde o século II antes de Cristo ata o II despois de Cristo, con ocupacións residuais nos dous seguintes séculos. A súa visita permite facerse unha idea moi aproximada de como sería a vida hai 2000 anos en todo o noroeste da península.

446 lecturas