Miranda visita a colectividade galega en Londres con motivo da entrega das Medallas de Honra da Emigración a dous membros da diáspora

O secretario xeral da Emigración participará, xa a fin de semana, nas celebracións da colectividade galega en Aragón, co gallo da Festa do Pilar.

  • Na imaxe, o secretario xeral da Emigración e o galego Ernesto Atanes, galardoado coa Medalla de Honra da Emigración
    Na imaxe, o secretario xeral da Emigración e o galego Ernesto Atanes, galardoado coa Medalla de Honra da Emigración
  • De esquerda a dereita: o secretario xeral da Emigración, o embaixador de España no Reino Unido e o director xeral de Migracións do Goberno de España
    De esquerda a dereita: o secretario xeral da Emigración, o embaixador de España no Reino Unido e o director xeral de Migracións do Goberno de España
  • Miranda, no centro, con Irene Fernández de Bobadilla e Ernesto Atanes durante o acto celebrado na Embaixada de España na capital británica
    Miranda, no centro, con Irene Fernández de Bobadilla e Ernesto Atanes durante o acto celebrado na Embaixada de España na capital británica
  • Na imaxe, o secretario xeral da Emigración e o galego Ernesto Atanes, galardoado coa Medalla de Honra da Emigración
    Na imaxe, o secretario xeral da Emigración e o galego Ernesto Atanes, galardoado coa Medalla de Honra da Emigración
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2014.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, realiza hoxe e mañá unha visita a Londres para coñecer de preto a actualidade da colectividade galega asentada na capital do Reino Unido, e para participar en diversos actos institucionais.

Así, en primeiro termo visitará esta tarde o Centro Gallego, presidido por Nicolás Miño e sito en Harrow Road, unhas das doce entidades que por elección forman parte da Comisión Delegada do Consello das Comunidades Galegas, máximo órgano de representación da diáspora. Alí, Rodríguez Miranda terá ocasión de compartir perspectivas de presente e futuro coa diáspora galega asentada no país.

Na xornada do venres, Miranda participará na recepción oficial da Embaixada de España co gallo da Festa Nacional. No mesmo acto, serán oficialmente entregadas as medallas de honra da Emigración (máxima distinción do Goberno Central para as persoas residentes no Exterior) a dous membros da diáspora, Irene Fernández de Bobadilla e mailo reverendo Ernesto Atanes, a quen entregará cadansúa medalla o director xeral de Migracións do Ministerio de Emprego e Seguridade Social, Aurelio Miras.

O domingo, en Zaragoza
Trala súa estadía en Londres, a seguinte viaxe de Miranda será para coñecer a colectividade galega en Aragón, na súa primeira visita como secretario xeral da Emigración a esta Comunidade Autónoma, onde residen 5.111 galegas e galegos, segundo datos do INE.

Ademais de coñecer a sede e instalacións do Centro Galego de Zaragoza, que preside José Luis Vázquez Rouco, o responsable autonómico en materia de Emigración participará nas celebracións desta colectividade co gallo da Festa do Pilar, día de especial relevancia nas terras en que se asenta esta colectividade.

O Centro Galego de Zaragoza foi fundado en 1958, polo que conta con máis de medio século longo existencia. Conta cun grande patrimonio e unhas importantes instalacións, entre as que se inclúen servizos de hostalaría que lle permiten estabilidade económica, e nas que realiza numerosas actividades ó longo do ano.

859 lecturas