Miranda visita ao alumnado participante en Escolas Abertas e ínstao a “seguir no camiño da mellora permanente da calidade”

  • Miranda trasladou ás e aos participantes o seu agradecemento “e o de todo o pobo galego” polo seu labor no reforzo e expansión da cultura galega
    Miranda trasladou ás e aos participantes o seu agradecemento “e o de todo o pobo galego” polo seu labor no reforzo e expansión da cultura galega
  • Miranda trasladou ás e aos participantes o seu agradecemento “e o de todo o pobo galego” polo seu labor no reforzo e expansión da cultura galega
    Miranda trasladou ás e aos participantes o seu agradecemento “e o de todo o pobo galego” polo seu labor no reforzo e expansión da cultura galega
  • Na edición de 2017 son 65 as e os participantes nas 'Escolas Abertas' da Secretaría Xeral da Emigración
    Na edición de 2017 son 65 as e os participantes nas 'Escolas Abertas' da Secretaría Xeral da Emigración
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2017.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, acompañado de persoal do seu departamento, visitou ao alumnado e profesorado participantes na edición deste ano do programa Escolas Abertas, que se desenvolve ata fin de mes en Ourense.

Trátase dun programa, convocado tódolos anos pola Secretaría Xeral da Emigración, grazas ao cal formadoras e formadores das distintas comunidades galegas do mundo melloran a súa capacitación. Mediante as actividades previstas, estas e estes formadores incrementan a súa capacidade para espallar a cultura galega especialmente entre as segundas xeracións da diáspora, que xa conforman máis do 70% dos paisanos no Exterior.

Rodríguez Miranda trasladou ás e aos participantes o seu agradecemento “e o de todo o pobo galego” polo seu labor no reforzo e expansión da cultura galega nos países nos que están asentados, e instoulles “a seguir no camiño encetado de mellora permanente da calidade no voso traballo, que repercutirá na mellora de toda a imaxe de Galicia no exterior”.

Pola súa banda, as e os alumnos expresaron ao alto cargo autonómico a súa ledicia por poderen participar na iniciativa, que non só serve para mellorar os seus coñecementos e experiencia, senón para intercambialas e contrastalas con outras e outros docentes de cultura galega noutras partes do mundo, enriquecendo así a Galeguidade universal.

Nesta edición de 2017, sesenta e cinco cidadás e cidadáns residentes no estranxeiro acceden este mes á formación especializada en diversas áreas, para despois divulgala nas súas áreas de residencia habitual. Os obradoiros deste ano versan sobre gaita tradicional galega, baile tradicional galego, percusión tradicional galega, canto popular e pandeireta, e confección de traxe tradicional galego, especialidades que foron as demandadas polas propias comunidades galegas.

1001 lecturas