Miranda solicita colaboración á Dirección General de Migraciones para coordinar o asesoramento e seguimento ás familias das e dos galegos retornados

O secretario xeral da Emigración reuniuse co titular do departamento do Estado, Ildefonso de la Campa, para establecer as liñas de cooperación de cara á Estratexia Retorna 2020.

De la Campa e Miranda, durante a reunión celebrada no despacho deste último en Santiago de Compostela
De la Campa e Miranda, durante a reunión celebrada no despacho deste último en Santiago de Compostela
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 19 de maio de 2018.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, solicitou á Dirección General de Migraciones, dependente do Ministerio de Empleo y Seguridad Social, a súa colaboración para reforzar os labores de asesoramento e seguimento das familias das galegas e galegos que queiran retornar a Galicia. Así llo manifestou o responsable autonómico ao titular do departamento do Estado, Ildefonso de la Campa Montenegro, nun encontro mantido en Santiago de Compostela.

O secretario xeral da Emigración salientou a relevancia que a información e orientación tanto aos galegos e galegas que regresen á súa terra de orixe como ás e aos seus familiares que carezan de nacionalidade española teñen para as familias de carácter mixto que pensan en establecerse en Galicia definitivamente. O aumento do número de cidadás e cidadáns galegos residentes no exterior que queren regresar leva consigo un incremento cada vez maior dos casos nos que chegan á comunidade autónoma galega acompañados por cónxuxes nacidos e nacidas e coa nacionalidade do país do que proceden. 

Servir de guía e apoio ás e aos retornados
Ofrecer asesoramento acerca dos pasos a seguir para lograr fixar en Galicia a súa residencia require, así, cunha actuación conxunta do Goberno galego, a través da Secretaría Xeral da Emigración, e do español, a través das distintas subdelegacións do Goberno repartidas polas catro provincias galegas, que se pretende artellar grazas a un protocolo de actuación coordinado polos departamentos dirixidos por Rodríguez Miranda e De la Campa Montenegro.

“Con este acordo de colaboración, a Xunta de Galicia pretende servir de guía real e de apoio de todos os galegos que desexen volver á súa terra de orixe, e que queiran facelo coa familia que crearon durante a súa etapa fóra da comunidade. Manter o núcleo familiar unido e ofrecer acubillo a aqueles que un día llo deron aos galegos que residían fóra das nosas fronteiras é unha obriga que temos para cos países de acollida e para os novos membros da gran familia galega”, sinalou o secretario xeral da Emigración. 

734 lecturas