Miranda renova os contactos coas institucións de galegas e galegos en Cataluña cun encontro co Centro Galego e Casas de Galicia de Barcelona

O secretario xeral da Emigración mantivo unha reunión con dous representantes da entidade para analizar as previsións de cara a 2018.

O Centro Galego e Casas de Galicia de Barcelona e Provincia suma un total de 2.756 persoas asociadas, das que 2.686 son galegas
O Centro Galego e Casas de Galicia de Barcelona e Provincia suma un total de 2.756 persoas asociadas, das que 2.686 son galegas
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2018.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, vén de renovar o contacto coas institucións de galegas e galegos residentes en Cataluña cunha reunión co Centro Galego e Casas de Galicia de Barcelona e Provincia. Ao encontro, que tamén serviu para analizar as previsións de cara a 2018, asistiron dous representantes da entidade, o seu presidente, Carlos Mandianes, e Domingo Balboa.

O Centro Galego e Casas de Galicia de Barcelona e Provincia suma un total de 2.756 persoas asociadas, das que 2.686 son galegas.

596 lecturas