Miranda renova o seu compromiso cos galegos e galegas maiores do Brasil cun novo convenio de colaboración coa Sociedade Rosalía de Castro de Santos

Só nesta viaxe a Brasil o secretario xeral da Emigración rubricou tres acordos socioasistenciais para mellorar a atención dos galegos e as galegas residentes no estranxeiro.

O responsable do departamento autonómico asistiu á celebración do 123 aniversario do Centro Espanhol de Santos. 

  • Imaxe da sinatura do convenio coa Sociedade Rosalía de Castro de Santos
    Imaxe da sinatura do convenio coa Sociedade Rosalía de Castro de Santos
  • O secretario xeral da Emigración asinou tamén un convenio de atención socioasistencial coa Sociedade Beneficente Rosalía de Castro de São Paulo
    O secretario xeral da Emigración asinou tamén un convenio de atención socioasistencial coa Sociedade Beneficente Rosalía de Castro de São Paulo
  • Miranda rematou o programa de oficial da súa estadía no Brasil participando na celebración do 123 aniversario do Centro Espanhol e Repatriação de Santos
    Miranda rematou o programa de oficial da súa estadía no Brasil participando na celebración do 123 aniversario do Centro Espanhol e Repatriação de Santos
  • O secretario xeral da Emigración asinou tamén un convenio de atención socioasistencial coa Sociedade Beneficente Rosalía de Castro de São Paulo
    O secretario xeral da Emigración asinou tamén un convenio de atención socioasistencial coa Sociedade Beneficente Rosalía de Castro de São Paulo
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2018.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, renovou onte o seu compromiso coas galegas  e os galegos maiores que residen en Brasil a través da sinatura dun novo convenio de colaboración coa Sociedade de Socorros Mutuos e Beneficente Rosalía de Castro de Santos. Este acordo garantirá a atención de preto dunha vintena de persoas maiores no Centro de Día que posúe a entidade na cidade brasileira. 

Trátase do terceiro acordo socioasistencial que rubrica o responsable autonómico nos dous días que abrangueu a axenda da súa visita institucional ao país suramericano, a primeira que realiza ao estranxeiro en 2018. Os dous primeiros, asinados coa Asociación Cultural Cabaleiros de Santiago e a Sociedade Beneficente Rosalía de Castro de São Paulo, beneficiarán ás e aos galegos residentes nesta última rexión de Brasil e aos de Salvador de Baía, respectivamente.

Preto de 600 persoas asociadas no Centro Espanhol 
Miranda rematou o programa de oficial da súa estancia en Brasil participando na celebración do 123 aniversario do Centro Espanhol e Repatriação de Santos. Esta entidade, unha das máis importantes da cidade brasileira, conta con máis de 950 persoas asociadas, das que preto de 600 son galegas.

784 lecturas