Miranda remata a súa visita a Cuba cun encontro coas sociedades galegas no país

O secretario xeral da Emigración e o responsable en Cuba da Oficina Laboral da Embaixada escoitaron de boca das e dos representantes das entidades galegas en La Habana a situación na que se atopan os galegos e as galegas na illa.

As xuntanzas mantéñense de xeito periódico para facer un seguemento dos distintos programas que o departamento autonómico leva a cabo de xeito continuo na república cubana. 

O secretario xeral da Emigración e o responsable en Cuba da Oficina Laboral da Embaixada reuníronse cos e coas representantes das entidades galegas en La Habana
O secretario xeral da Emigración e o responsable en Cuba da Oficina Laboral da Embaixada reuníronse cos e coas representantes das entidades galegas en La Habana
Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2017.
Listen to this page using ReadSpeaker

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, puxo fin onte á tarde ao intenso programa de viaxe que o levou a percorrer parte de Cuba durante a última semana cun encontro entre os máximos representantes do Goberno español e galego coas agrupacións de emigrantes galegas e galegos que conviven no país. A reunión, na que participou o responsable da Oficina Laboral da Embaixada de España e as e os responsables das diferentes sociedades galegas en La Habana, enmárcase dentro dos contactos periódicos que o departamento autonómico presidido por Rodríguez Miranda mantén cos diversos colectivos de emigrantes residentes na illa. 

Estas xuntanzas perseguen facer un seguemento do desenvolvemento dos diferentes programas que a Secretaría Xeral da Emigración desenvolve de xeito constante en Cuba, así como coordinar o traballo que se está a levar a cabo desde a Xunta de Galicia na illa centroamericana coa representación do Estado. 

Agradecemento ás entidades
Rodríguez Miranda non quixo deixar pasar a oportunidade de agradecer persoalmente ás e aos responsables das diferentes sociedades galegas de residentes en Cuba o inmenso labor que están a facer en prol do benestar das e dos emigrantes galegos e os seus descendentes que habitan na illa centroamericana a través das entidades que representan. 

324 lecturas