Miranda reivindica “o carácter universal da galeguidade” no día da benvida ás e aos estudantes estranxeiros da U.S.C.

O secretario xeral da Emigración pon a Galicia Exterior como exemplo de colectividade “integrada e integradora”. 

Tivo ocasión de dar a primeira benvida oficial aos beneficiarios e beneficiarias das ‘Bolsas Excelencia Mocidade Exterior’, iniciativa posta en marcha este ano polo departamento que dirixe. 

  • O secretario xeral da Emigración pon a Galicia Exterior como exemplo de colectividade “integrada e integradora”
    O secretario xeral da Emigración pon a Galicia Exterior como exemplo de colectividade “integrada e integradora”
  • Miranda tivo ocasión de dar a primeira benvida oficial aos beneficiarios e beneficiarias das ‘Bolsas Excelencia Mocidade Exterior’, iniciativa posta en marcha este ano polo departamento que dirixe
    Miranda tivo ocasión de dar a primeira benvida oficial aos beneficiarios e beneficiarias das ‘Bolsas Excelencia Mocidade Exterior’, iniciativa posta en marcha este ano polo departamento que dirixe
  • O secretario xeral da Emigración pon a Galicia Exterior como exemplo de colectividade “integrada e integradora”
    O secretario xeral da Emigración pon a Galicia Exterior como exemplo de colectividade “integrada e integradora”
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2017.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda,  asistiu á celebración do International Students Welcome Day (Día da Benvida aos Estudantes Internacionais) da Universidade de Santiago de Compostela, acto que contou coa presenza do reitor da mesma, Juan Viaño, e outras autoridades académicas e locais.

Na súa alocución ás matriculadas e matriculados estranxeiros, e galegas e galegos do Exterior, que comezan agora estudos universitarios ou de postgrao, Miranda gabou a “pluralidade cultural, lingüística, étnica e relixiosa desta centenaria institución, unha pluralidade que enriquece, que mellora, que fai avanzar, que optimiza, que nos engrandece a todos. Universidade e universal teñen, ao cabo, a mesma raíz”, lembrou o secretario xeral.

“Este carácter -proseguiu o alto cargo- de encontro, e universal, levámolo os galegos no sangue: 1 de cada 5 galegos reside fóra, sobre todo en América e Europa central, e tamén un número importante noutras comunidades españolas”. Todos estes galegos do Exterior, salientou Miranda, “son exemplo de integración noutras culturas sen renunciar á propia”.

Galegas e galegos do Exterior
Miranda enviou un saúdo concreto para os rapaces e rapazas matriculados en másters da USC e que son beneficiarias e beneficiarios das primeiras ‘Bolsas Excelencia Mocidade Exterior’, iniciativa pioneira da Secretaría Xeral neste ano, e que permite que cen mozos e mozas galegos ata agora residentes no estranxeiro poidan rematar a súa formación na Galicia territorial, e radicar aquí o seu futuro profesional e persoal.

Delas e eles dixo Miranda que “sodes a demostración palpable de que a Galeguidade ben entendida, integrada e integradora, non necesita de bandeiras nin fronteiras para brotar, crecer e reproducirse. Sodes arxentinos, ingleses, uruguaios, brasileiros, pero sodes tamén galegos. Profunda e xenuinamente españois galegos. E queremos que quededes definitivamente entre nós”.

As e os beneficiarios desta iniciativa pioneira, as ‘Bolsas Excelencia Mocidade Exterior’, son galegas e galegos por nacemento ou descendentes por consanguinidade residentes no estranxeiro. A bolsa ascende a 7.000 ou 7.650 euros (segundo a persoa beneficiaria proceda de Europa ou do resto do mundo) por curso completo de 60 créditos ECTS, e destínase a cubrir os gastos de matrícula, viaxe, aloxamento e manutención. O importe increméntase proporcionalmente no caso de másteres con maior número de créditos.

895 lecturas