Miranda recibiu á nova titular do consulado de Uruguai en Santiago, María del Huerto Arcaus

O secretario xeral da Emigración transmitiu á responsable da legación oficial o seu desexo e firme intención de manter e mesmo mellorar as boas relacións entre os gobernos galego e uruguaio.

  • Miranda e Arcaus durante a súa xuntanza
    Miranda e Arcaus durante a súa xuntanza
  • O secretario xeral da Emigración e a nova titular do consulado do Uruguai con sede en Santiago de Compostela reuníronse no despacho de Miranda na capital de Galicia
    O secretario xeral da Emigración e a nova titular do consulado do Uruguai con sede en Santiago de Compostela reuníronse no despacho de Miranda na capital de Galicia
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 6 de abril de 2016.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu no seu despacho á nova cónsul para Galicia, Asturias, Cantabria e País Vasco da República Oriental do Uruguai –con sede en Santiago-, María del Huerto Arcaus Sánchez.

A nova titular da legación diplomática para as catro comunidades do Cantábrico conta cunha ampla experiencia nas relacións internacionais, e puxo esta bagaxe a disposición da Secretaría Xeral da Emigración para fortalecer as excelentes relacións que arestora manteñen os gobernos de Galicia e Uruguai.

Nese país reside unha ampla colectividade galega, conformada por máis 40.000 persoas, das que en torno ao oitenta por cento xa naceu alí. Da relevancia que o Goberno español outorga á colonia galega en Uruguai dá proba o feito de que o embaixador español con praza en Montevideo é o galego Roberto Varela.

Pola súa banda, Rodríguez Miranda instou á nova cónsul a manter e mellorar esa ligazón institucional, e amosou “o meu profundo desexo e firme intención de manter e mesmo mellorar esas boas relacións, trabadas en gran medida pola excelente disposición mantida sempre polas autoridades uruguaias, e pola súa representación en Galicia”. Arcaus substitúe no cargo á decana do corpo diplomático en Galicia, Marta Echarte.

924 lecturas