Miranda recibiu á nova titular do Consulado da República Arxentina con sede en Vigo, Silvina Isabel Montenegro

O secretario xeral da Emigración transmitiu á responsable da legación oficial o seu desexo e firme intención de fortalecer as boas relacións entre os gobernos galego e arxentino.

  • O secretario xeral da Emigración e a nova cónsul da Arxentina, durante a entrevista no despacho de Miranda en Santiago de Compostela
    O secretario xeral da Emigración e a nova cónsul da Arxentina, durante a entrevista no despacho de Miranda en Santiago de Compostela
  • O secretario xeral da Emigración e a nova cónsul da Arxentina, durante a entrevista no despacho de Miranda en Santiago de Compostela
    O secretario xeral da Emigración e a nova cónsul da Arxentina, durante a entrevista no despacho de Miranda en Santiago de Compostela
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2016.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu no seu despacho a Silvina Isabel Montenegro, nova titular do Consulado Xeral da República Arxentina con sede en Vigo e ámbito de actuación en Galicia, Asturias e Castela e León.

A nova titular da legación diplomática puxo a súa experiencia a disposición da Secretaría Xeral da Emigración para fortalecer as excelentes relacións que arestora manteñen os gobernos e pobos galego e arxentino, ofrecemento que Miranda agradeceu e respondeu afirmando que “Arxentina é, para o pobo galego, e pola súa importancia demográfica e histórica, un segundo fogar”.

Segundo os datos do INE a 1 de xaneiro de 2016, na República Arxentina reside a colectividade galega máis ampla con presenza nun país estranxeiro. Así, a Galeguidade na Arxentina está conformada oficialmente por máis de 170.000 persoas, das que 3 de cada 4, na contorna do 75 por cento, naceu xa alí. A relevancia da ligazón coa terra dos seus pais e nais das segundas e terceiras xeracións de paisanas e paisanos nados xa na diáspora é un dos sinais de identidade das e dos galegos residentes na Arxentina.

Da mesma maneira, a colonia arxentina en Galicia é moi destacada, con máis de 16.000 persoas nadas nese país e/ou con nacionalidade arxentina e que residen arestora na nosa terra.

1142 lecturas