Miranda recibiu ás directivas dos centros galegos de Burgos e Córdoba

A localidade castelá podería acoller o ano que vén a mostra ‘Galicia, Pórtico Universal’, que en outubro visita a cidade andaluza.

  • Imaxe da xuntanza do secretario xeral da Emigración con membros da directiva do Centro Galego da capital burgalesa
    Imaxe da xuntanza do secretario xeral da Emigración con membros da directiva do Centro Galego da capital burgalesa
  • Imaxe da xuntanza do secretario xeral da Emigración con membros da directiva do Centro Galego da capital burgalesa
    Imaxe da xuntanza do secretario xeral da Emigración con membros da directiva do Centro Galego da capital burgalesa
  • Imaxe da xuntanza do secretario xeral da Emigración con membros da directiva do Centro Galego de Córdoba
    Imaxe da xuntanza do secretario xeral da Emigración con membros da directiva do Centro Galego de Córdoba
  • Imaxe da xuntanza do secretario xeral da Emigración con membros da directiva do Centro Galego de Córdoba
    Imaxe da xuntanza do secretario xeral da Emigración con membros da directiva do Centro Galego de Córdoba
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2014.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu no seu despacho en Santiago a membros da directiva do Centro Galego en Burgos, con quen repasou as actividades previstas para celebrar o vindeiro ano o seu vixésimo aniversario, evento para o que Miranda comprometeu o apoio da Xunta.

O secretario xeral e integrantes da directiva da entidade burgalesa tamén estudaron as accións que se teñen presentado ao Concello da cidade castelá para a súa colaboración, por canto Burgos acollerá en 2015 a celebración anual conxunta das comunidades galegas en Castela e León. Precisamente, o secretario xeral adiantou a posibilidade de que a esa cita acuda a área expositiva ‘Galicia, Pórtico Universal’ –que neste mes de setembro salta por vez primeira o Atlántico para se instalar en Bos Aires-.

O Centro Galego en Burgos mantén un local social en alugueiro cunha superficie de máis de 200 metros cadrados, que conta con restaurante, comedor, sala de conferencias e biblioteca. A súa localización, moi pretiño do prestixioso Museo da Evolución Humana –referente turístico fundamental da cidade canda a catedral- , fai que polas súas instalacións pasen con regularidade non só socias e socios do Centro e doutras comunidades galegas, senón tamén xente sen relación directa con Galicia, o cal facilita unha proxección singular e personalizada da nosa terra.

Córdoba
Miranda tamén recibiu a integrantes da directiva da Casa de Galicia en Córdoba, con quen ultimou os preparativos da instalación de ‘Galicia, Pórtico Universal’ o vindeiro mes de outubro na cidade andaluza. Secretario xeral e as persoas membro da directiva repasaron algúns dos actos culturais que terán lugar co gallo desa instalación, e as posibles vías para dar maior énfase e relevancia ao Premio Rosalía de Castro, unha convocatoria tradicional da entidade á que se lle quere dar especial pulo.

A Casa cordobesa posúe sede social en propiedade, un edificio de tres andares que acolle un dos restaurantes máis senlleiros da zona histórica da cidade. Trátase dun dos centros máis activos da Galeguidade no aspecto cultural, xa que ademais das constantes e permanentes actividades, convoca diversos premios –como o Rosalía de Castro- que teñen adquirido un gran prestixio na sociedade andaluza.

1374 lecturas