Miranda recibiu en audiencia ao presidente da Hermandad Gallega de Valencia

Miranda, terceiro pola esquerda, e Fajín, cuarto, durante a audiencia
Miranda, terceiro pola esquerda, e Fajín, cuarto, durante a audiencia
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2017.

O secretario xeral da Emigración da Xunta de Galicia, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu en audiencia no seu despacho en Santiago de Compostela ao presidente da Hermandad Gallega de Valencia (Venezuela), Manuel Fajín, con quen analizou a actualidade da colectividade galega residente naquela cidade. Valencia, con máis de 1,9 millóns de habitantes, é -despois de Caracas e Maracaibo- a terceira cidade máis poboada do país caribeño.

859 lecturas