Miranda recibiu ao grupo de rosarinas que remataron o Camiño de Santiago

  • Miranda coas peregrinas na sede da Secretaría Xeral da Emigración en Santiago de Compostela
    Miranda coas peregrinas na sede da Secretaría Xeral da Emigración en Santiago de Compostela

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 17 de maio de 2016.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu na sede do departamento que dirixe ao grupo de peregrinas que, convocadas polo Centro Galego de Rosario (República Arxentina), vén de finalizar o percorrido do Camiño de Santiago e, por tanto, conseguiren a compostela.

Malia que a convocatoria foi feita pola comunidade galega en Rosario, á expedición de peregrinas que hoxe recibiu Miranda uníuselle outro conxunto de persoas vidas doutros lugares do país, nomeadamente Bos Aires e provincia.

Miranda, canda o delegado da Xunta en Arxentina e Uruguai, Alejandro López Dobarro, saíralles ao paso no seu percorrido o pasado martes día 10 á altura de Portomarín, onde compartiron con elas un tramo do itinerario xacobeo.

1400 lecturas