Miranda recibe no mosteiro de San Martiño Pinario ás e aos participantes do programa “Reencontros na Terra”

135 maiores retornan temporalmente á Galicia territorial grazas ao programa.

A primeira quincena benefícianse dunha estadía na Residencia de Panxón, e despois poden quedar coas súas familias ata un tempo máximo de corenta e cinco días. 

O secretario xeral da Emigración resaltou o traballo realizado pola diáspora e afirmou que “a Galicia moderna que estades a coñecer existe, en gran parte, grazas os esforzos realizados polas persoas que un día emigrastes”.

  • Grazas a este programa da Secretaría Xeral da Emigración, 135 maiores retornan temporalmente á Galicia territorial
    Grazas a este programa da Secretaría Xeral da Emigración, 135 maiores retornan temporalmente á Galicia territorial
  • Grazas a este programa da Secretaría Xeral da Emigración, 135 maiores retornan temporalmente á Galicia territorial
    Grazas a este programa da Secretaría Xeral da Emigración, 135 maiores retornan temporalmente á Galicia territorial
  • Grazas a este programa da Secretaría Xeral da Emigración, 135 maiores retornan temporalmente á Galicia territorial
    Grazas a este programa da Secretaría Xeral da Emigración, 135 maiores retornan temporalmente á Galicia territorial
Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2017.
Listen to this page using ReadSpeaker

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, presidiu no Mosteiro de San Martiño Pinario a recepción oficial ás e aos 135 participantes na edición deste ano do programa ‘Reencontros na Terra’.

No acto estiveron presentes asemade a secretaria do Seminario Maior Compostelán, Eva Varela Rodríguez, e o xefe de Servizo de Programas Socio-Asistenciais, Antonio Casas Calviño, e tamén falou un dos participantes en representación do grupo que se acolle nesta edición.

“Reencontros na Terra” ten por finalidade favorecer o achegamento á súa terra e ás súas familias das e dos emigrantes galegos de máis de 65 anos de idade. Participan nesta edición un total de 135 persoas, este ano procedentes de cinco países latinoamericanos: Arxentina, Uruguai, Venezuela, Brasil, e Cuba.

Miranda no acto no Mosteiro transmitiulles o recoñecemento e agarimo de toda a sociedade galega ao traballo e esforzo realizado polas galegas e galegos do Exterior ao longo das últimas décadas: “Esta Galicia moderna que estades a coñecer existe grazas, en gran parte, dos esforzos realizados por todas e todos, polos que quedaron pero tamén polos que un día emigrastes e plantastes a semente da Galicia universal”, asegurou o secretario xeral.

Tamén enviou un forte saúdo ás e aos galegos na diáspora en países que sufriron nos últimos tempos as inclemencias do tempo. Polos furacáns que asolaron Cuba, República Dominicana, EEUU e Porto Rico. Polos terremotos en México e pola situación de incertidume política e social na que vívese en Venezuela.

Por último, pediu ás e os participantes que fixeran de cadea de transmisión entre Galicia e a mocidade galega no exterior para que aproveitando as Accións de Apoio ao Retorno da Xunta de Galicia, volvan á casa para continuar os seus estudos, emprender, investigar ou continuar a súa etapa laboral.

74 anos de media
Aínda que tódalas e tódolos participantes son maiores de 65 anos, condición sine qua non para beneficiarse do programa, a idade media supera amplamente esta cifra, xa que se aproxima aos 74 anos.

Os grupos máis numerosos son os procedentes de Arxentina (70 persoas) e Uruguai (33 persoas). O resto das persoas participantes son 2 de Brasil, 5 de Cuba e 24 de Venezuela. Preto do 41% das persoas participantes naceron na provincia  na da Coruña, o 28% na de Pontevedra, o 16% restante na provincia de Lugo e o 15% na de Ourense.

A finalidade desta iniciativa da Xunta é que as e os participantes redescubran as súas raíces, tanto de tipo cultural, social, gastronómico, ou folclórico, como sobre todo familiar, poñéndose en contacto coa realidade do seu país de orixe e propiciando actividades que posibiliten o coñecemento da Galicia actual, o encontro coas súas propias familias, e o intercambio de experiencias co resto das e dos participantes. As solicitudes foron avaliadas seguindo os criterios de percepción da pensión asistencial por ancianidade do Estado español, e a idade da persoa solicitante, segundo o baremo descrito na correspondente convocatoria publicada no DOG.

554 lecturas