Miranda recibe ás e aos primeiros participantes na edición 2014 do programa “Reencontros na Casa”

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, achegouse a saludalas e saudalos no aeroporto compostelán de Lavacolla.

A iniciativa forma parte da aposta do Goberno galego por manter o investimento en políticas sociais que beneficien directamente á cidadanía, tamén á residente no Exterior.

  • O secretario xeral da Emigración recibiu ás e aos participantes no programa 'Reencontros na Casa 2014' que chegaron esta mañá a Santiago de Compostela
    O secretario xeral da Emigración recibiu ás e aos participantes no programa "Reencontros na Casa 2014" que chegaron esta mañá a Santiago de Compostela
  • O secretario xeral da Emigración recibiu ás e aos participantes no programa 'Reencontros na Casa 2014' que chegaron esta mañá a Santiago de Compostela
    O secretario xeral da Emigración recibiu ás e aos participantes no programa "Reencontros na Casa 2014" que chegaron esta mañá a Santiago de Compostela
  • Numerosos medios informativos da nosa comunidade cubriron a información da chegada á Galicia territorial destas e destes galegos da diáspora
    Numerosos medios informativos da nosa comunidade cubriron a información da chegada á Galicia territorial destas e destes galegos da diáspora
  • Numerosos medios informativos da nosa comunidade cubriron a información da chegada á Galicia territorial destas e destes galegos da diáspora
    Numerosos medios informativos da nosa comunidade cubriron a información da chegada á Galicia territorial destas e destes galegos da diáspora
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2014.

As e os primeiros participantes da edición deste ano do programa “Reencontros na Casa”, iniciativa da Secretaría Xeral da Emigración, comezaron xa a  chegar aos aeroportos de Lavacolla e Alvedro. No aeroporto compostelán, un grupo de 93 arxentinas e arxentinos a bordo do voo IB3876 foi recibido polo secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e no coruñés de Alvedro aterraron outras e outros 9, procedentes neste caso de Cuba, no voo UX7235.

En total, este ano serán 188 as persoas participantes neste programa, que ten por obxecto ofrecer a posibilidade de achegarse á súa terra, e a súa familia, aos galegos e galegas residentes nos diferentes países de Latinoamérica. A través desta iniciativa, facilítase que estas e estes emigrantes teñan a oportunidade de redescubrir as súas raíces, e ao tempo ponos en contacto coa realidade actual de Galicia, case sempre nos mesmos lugares nos que naceron.

Para algunhas e algúns deles, de feito, é o primeiro retorno á súa terra de nacemento, desde que iniciaran a súa andaina alén o Atlántico. Trátase doutra iniciativa máis, que a Secretaría Xeral da Emigración mantén, para consolidar as prestacións sociais ás cidadás e aos cidadáns galegos residentes no Exterior.

Axudas para quen máis o necesita
O programa establece a concesión de axudas para algúns das e dos beneficiarios ou beneficiarias, polo valor do 60 por cento do custo da pasaxe entre os seus países de residencia e Galicia, agás no caso de Cuba e Venezuela. No primeiro país, a axuda consiste nun 90 por cento do custo da pasaxe, e no caso de Venezuela ata o 100 por cento, por mor da situación económica e as dificultades engadidas para acceder ás divisas necesarias.

O papel da Administración galega, ademais de sufragar esa parte do billete, é o de velar pola súa saúde no traslado, e organizar coas familias o reencontro. Unha vez realizado este, son elas, as familias, as encargadas da manutención e hospedaxe das e dos beneficiarios da iniciativa. A duración da estadía en Galicia non pode prolongarse en ningún caso máis aló dos tres meses.

As condicións que se establecen na edición deste ano do programa non varían respecto de anos anteriores, como non o fai o orzamento destinado por Emigración para o seu desenvolvemento. Trátase dunha nova aposta do Goberno galego por manter as liñas de actuación social que benefician directamente á cidadanía, de maneira que as políticas socio asistenciais se manteñan mesmo en tempos de crise económica, tamén no caso dos galegos e galegas residentes no Exterior.

Para se beneficiar do programa, a persoa solicitante debeu acreditar ser emigrante galega ou filla de emigrante galega, residir en Latinoamérica, ter máis de 60 anos, ser válida por si mesma, non padecer trastornos psicofísicos que alteren a normal convivencia e estar en condicións de realizar unha viaxe de longa duración, non ter participado nos últimos cinco anos naturais en programas de viaxes da Secretaría Xeral de Emigración, ter familiares de ata cuarto grao de consanguinidade ou afinidade cos que poidan residir durante a súa estadía en Galicia, así como ter ingresos inferiores a 3 veces o importe da pensión asistencial española por ancianidade marcada para o país de residencia (cantidade distinta á correspondente en España). Igualmente, poden beneficiarse as e os cónxuxes das e dos emigrantes galegos que cumpran algúns destes requisitos, segundo establece a orde reguladora do programa.

Perfil das persoas participantes
Aínda que as e os participantes teñen máis de 60 anos, cómpre subliñar que a media de idade do continxente deste ano é de 75 anos. De entre as persoas beneficiarias deste Reencontros na Casa 2014, o 58 por cento participa por vez primeira na iniciativa, e algunha delas non volvera a Galicia desde que decidiran poñer rumbo ao seu novo fogar en Latinoamérica. Unha das persoas beneficiarias, unha galega residente na Arxentina, que chegaba esta mañá a Lavacolla, conta 95 anos de idade.

1024 lecturas