Miranda recibe ás e aos primeiros beneficiarios do programa “Reencontros na Casa”, que nesta ocasión permite a 174 galegas e galegos do exterior coñecer a actualidade da súa terra

O secretario xeral da Emigración achegouse a saudalas e saudalos persoalmente ata os aeroportos da Coruña e Santiago.

A iniciativa forma parte da aposta do Goberno galego por manter e incrementar o investimento en políticas sociais que benefician directamente á cidadanía.

  • O secretario xeral da Emigración achegouse ata os aeroportos da Coruña e Santiago a saudar persoalmente ás e aos partipantes
    O secretario xeral da Emigración achegouse ata os aeroportos da Coruña e Santiago a saudar persoalmente ás e aos partipantes
  • O secretario xeral da Emigración achegouse ata os aeroportos da Coruña e Santiago a saudar persoalmente ás e aos partipantes
    O secretario xeral da Emigración achegouse ata os aeroportos da Coruña e Santiago a saudar persoalmente ás e aos partipantes
  • O secretario xeral da Emigración achegouse ata os aeroportos da Coruña e Santiago a saudar persoalmente ás e aos partipantes
    O secretario xeral da Emigración achegouse ata os aeroportos da Coruña e Santiago a saudar persoalmente ás e aos partipantes
  • O secretario xeral da Emigración achegouse ata os aeroportos da Coruña e Santiago a saudar persoalmente ás e aos partipantes
    O secretario xeral da Emigración achegouse ata os aeroportos da Coruña e Santiago a saudar persoalmente ás e aos partipantes
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2016.

As e os primeiros participantes da edición deste ano do programa “Reencontros na Casa”, iniciativa da Secretaría Xeral da Emigración, comezaron a chegar aos aeroportos de Alvedro e Lavacolla. Ás dez da mañá aterraban no aeroporto compostelán as e os participantes procedentes de Uruguai (29) e ás 11,20 h. ao coruñés as e os que viñan de Arxentina (90). As persoas participantes de Brasil e Cuba e Venezuela chegaron en voos posteriores.

O grupo máis numeroso, o dos noventa beneficiarios e beneficiarias que chegan desde Bos Aires, foi recibido polo delegado da Xunta de Galicia na Coruña, Diego Calvo, e mailo secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, quen tamén se achegou a recibir ao resto dos grupos.

En total, este ano serán 174 as persoas participantes neste programa, que ten por obxecto ofrecer a posibilidade de achegarse á súa terra, e a súa familia, aos galegos e galegas residentes nos diferentes países de Latinoamérica. A través desta iniciativa, facilítase que estas e estes emigrantes teñan a oportunidade de redescubrir as súas raíces, así como poñerse en contacto coa realidade actual de Galicia, case sempre nos mesmos lugares nos que naceron. Para algunhas e algúns deles, de feito, é o primeiro retorno á súa terra de nacemento, desde que iniciaran a súa nova vida noutros países.

Blindaxe social
O programa establece a concesión de axudas, que poden chegar ao importe íntegro da pasaxe entre os seus países de residencia e Galicia no caso de “países nos que existan dificultades para acceder ás divisas necesarias para sufragar a parte que debe aboar a persoa beneficiaria, debido a dificultades na política cambiaria”.

O papel da Administración galega, ademais de sufragar a parte correspondente da pasaxe, é o de velar pola súa saúde no traslado, e organizar coas familias o reencontro. Unha vez realizado este, son elas, as familias, as encargadas da manutención e hospedaxe das persoas beneficiarias da iniciativa. O programa permite que as e os beneficiarios estendan a súa presenza na Galicia territorial ata tres meses.

As condicións que se establecen na edición deste ano do programa non varían respecto de anos anteriores. Trátase de consolidar e blindar a aposta do Goberno galego por manter, e incrementar no posible, as liñas de actuación social que benefician directamente á cidadanía, de maneira que as políticas socio asistenciais se manteñan mesmo en tempos de dificultade económica para a Administración.

Para beneficiarse do programa, a persoa solicitante debeu acreditar ter nacionalidade española e ser emigrante galega ou filla de emigrante galega, residir en Iberoamérica, ter polo menos 65 anos, ser válida por si mesma, e estar en condicións de realizar unha viaxe de longa duración, non ter participado nos últimos cinco anos naturais en programas de viaxes da Secretaría Xeral de Emigración, ter familiares de ata cuarto grao de consanguinidade ou afinidade cos que poidan residir durante a súa estadía en Galicia, así como ter ingresos inferiores a tres veces o importe da pensión asistencial española por ancianidade marcada para o país de residencia (cantidade distinta á correspondente en España). Igualmente, puideron beneficiarse as e os cónxuxes das persoas emigrantes galegas que cumpran algúns destes requisitos, segundo establece a orde reguladora do programa.

Perfil das persoas participantes
Aínda que as e os participantes deben ter polo menos 65 anos, cómpre subliñar que a media de idade do continxente supera sempre con creces esta cifra, achegándose decote aos 75. De media, nos anos anteriores 4 de cada 5 participou por vez primeira na iniciativa, e algunha e algún deles non volvera a Galicia desde que decidira poñer rumbo ao seu novo fogar en Iberoamérica.

2615 lecturas