Miranda recibe ao presidente de Cabaleiros de Santiago de Salvador de Baía

O secretario xeral da Emigración agradeceu ao responsable da asociación, Santiago Coelho, que ceda parte da súa sede para a tramitación de axudas individuais a galegas e galegos maiores en Salvador de Baía. 

Coelho (á esquerda) e Miranda, durante a xuntanza celebrada no despacho deste en Santiago de Compostela
Coelho (á esquerda) e Miranda, durante a xuntanza celebrada no despacho deste en Santiago de Compostela
Santiago de Compostela, 9 de novembro de 2017.
Listen to this page using ReadSpeaker

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu onte ao presidente da asociación cultural hispano-galega Cabaleiros de Santiago, Santiago Coelho Rodríguez Campo, para agradecerlle o labor de conservación e difusión da cultura e tradicións galegas que a agrupación está a facer dende a cidade brasileira de Salvador de Baía.

É, ademais, nas súas instalacións de Rio Vermelho onde Lourdes Valencia, unha voluntaria que leva anos colaborando coa Secretaría Xeral da Emigración, presta asesoramento ás e aos interesados en solicitar algunha das axudas individuais que concede a maiores galegos e galegas residentes en Brasil. Tanto a sede coma o servizo de orientación á tramitación, para o que conta co apoio de dous doutores, préstanse de xeito completamente altruísta e gratuíto. Por esta razón, Rodríguez Miranda quixo facer extensivo o agradecemento a todas as persoas que regalan o seu tempo e coñecementos polo benestar das e dos emigrantes galegos na cidade brasileira.

 

376 lecturas