Miranda recala en Pinar del Río na penúltima etapa do seu percorrido polas provincias periféricas de Cuba antes de regresar á capital

O secretario xeral da Emigración reuniuse coa coordinadora da zona, Higinia Balea, para recibir información sobre a situación das galegas e os galegos na rexión. 

O secretario xeral da Emigración reuniuse coa coordinadora da zona, Higinia Balea, para recibir información sobre a situación das galegas e os galegos na rexión
O secretario xeral da Emigración reuniuse coa coordinadora da zona, Higinia Balea, para recibir información sobre a situación das galegas e os galegos na rexión
Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2017.
Listen to this page using ReadSpeaker

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recalou onte á tarde en Pinar del Río na súa derradeira parada antes de regresar a La Habana, desde onde emprenderá a volta a Galicia.

O responsable do departamento autonómico mantivo un encontro coa coordinadora de Pinar del Río, Higinia Balea, na que recibiu información actualizada sobre a achega de axudas e a situación na que se atopan  as galegas e galegos que residen na provincia máis occidental da illa.

Última etapa da visita 
Rodríguez Miranda afrontará mañá a última etapa da súa visita á república cubana con encontros con membros e responsables das sociedades galegas no país centroamericano e co máximo responsable da Federación de Sociedades Gallegas na República de Cuba, Sergio Toledo. Neles participará tamén o embaixador español en Cuba, Juan José Buitrago de Benito.

436 lecturas