Miranda quere converter ás galegas e aos galegos do exterior nos protagonistas da Estratexia Retorna 2020

O secretario xeral da Emigración rematou en Londres a campaña divulgativa do máis de medio cento de medidas dirixidas a fomentar o regreso a Galicia das galegas e os galegos residentes no estranxeiro.

  • Imaxe da charla informativa no Centro Galego de Londres
    Imaxe da charla informativa no Centro Galego de Londres
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 15 de abril de 2018.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, animou ás galegas e aos galegos do exterior a converterse en protagonistas en primeira persoa da Estratexia Retorna 2020, a firme aposta do Goberno galego por fomentar e facilitar o regreso á poboación galega que vive no estranxeiro. Logo de tres días de percorrido por varios dos países de Europa con maior volume de cidadás e cidadáns galegos, o responsable autonómico despediu este primeiro contacto divulgativo no Vello Continente cunha charla informativa no Centro Galego de Londres.

A capital británica ten unha importancia fundamental na difusión dun proxecto transversal, no que están implicados todos os departamentos da Xunta de Galicia, nun dos países europeos con maior presenza galega. No Reino Unido viven 14.369 galegas e galegos, dos que máis do 77%, 11.088, teñen menos de 65 anos.

Máis de 100.000 galegas e galegos
O percorrido que, tanto o secretario xeral da Emigración como o subdirector xeral de Xestión Económico-Administrativa e Retorno, José Carlos García Bouzas, levaron a cabo esta fin de semana por algúns dos países con maior volume de poboación galega, como son Alemaña, Francia, Reino Unido e Suíza, levou a mensaxe da firme aposta de Galicia polo retorno a máis de 100.000 galegas e galegos. Son os que residían a 1 de xaneiro de 2018, segundo os últimos datos oficiais publicados, no Vello Continente. Delas e eles, máis do 82%, preto de 90.000, son menores de 65 anos.

457 lecturas