Miranda, De la Campa e Romay asisten ao funeral por Amarelo na Almudena

  • De esquerda a dereita: De la Campa, Miranda, Romay e Carmen e Fernando, fillos de Amarelo
    De esquerda a dereita: De la Campa, Miranda, Romay e Carmen e Fernando, fillos de Amarelo
  • De esquerda a dereita: De la Campa, Miranda, Romay e Carmen e Fernando, fillos de Amarelo
    De esquerda a dereita: De la Campa, Miranda, Romay e Carmen e Fernando, fillos de Amarelo
Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 2017.
Listen to this page using ReadSpeaker

Oficiado polo cardeal Rouco Varela e mailo capelán honorario das colectividades galegas en Madrid, Andrés Ramos, e organizado polas entidades galegas na capital española, tivo lugar na cripta da Catedral da Almudena un oficio relixioso polo eterno descanso do que fora secretario xeral  para as relacións coas Comunidades Galegas, Fernando Amarelo de Castro.

Asistiron ao funeral o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, o director xeral de Migracións do Ministerio de Emprego e Seguridade Social, Ildefonso de la Campa, o presidente do Consello de Estado, José Manuel Romay Beccaría, e o director da Casa de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega, así como familiares e moitas e moitos veciños e amigos do finado, e representantes de tódalas asociacións con sede en Madrid en vinculadas dalgún xeito con Galicia.

433 lecturas