Miranda invita ás entidades galegas de Venezuela a solicitar axudas para a organización de actividades e a mellora de infraestruturas

O secretario xeral da Emigración impartiu unha charla en Maracay sobre os programas e as liñas de axuda do Goberno galego para residentes no país e retornados

O responsable autonómico aproveitou para manter un encontro coa colectividade galega na cidade venezolana

  • Miranda á súa chegada ao Centro Hispano Venezolano do Estado Aragua, en Maracay
    Miranda á súa chegada ao Centro Hispano Venezolano do Estado Aragua, en Maracay
  • Na xornada informativa en Maracay
    Na xornada informativa en Maracay
  • Na xornada informativa en Maracay
    Na xornada informativa en Maracay
  • Miranda entrega un presente ao presidente do Centro Hispano, Argenis Navarro
    Miranda entrega un presente ao presidente do Centro Hispano, Argenis Navarro
  • Santiago Camba, conselleiro de Emprego, Rodríguez Miranda, Emilio López Pablos, cónsul honorario en Aragua; Argenis Navarro, presidente do Centro Hispano; Roberto González, presidente de FECEVE e Alejandro Suárez, tesoureiro do Centro Hispano
    Santiago Camba, conselleiro de Emprego, Rodríguez Miranda, Emilio López Pablos, cónsul honorario en Aragua; Argenis Navarro, presidente do Centro Hispano; Roberto González, presidente de FECEVE e Alejandro Suárez, tesoureiro do Centro Hispano
  • Miranda invita ás entidades galegas de Venezuela a solicitar axudas para a organización de actividades e a mellora de infraestruturas
    Miranda invita ás entidades galegas de Venezuela a solicitar axudas para a organización de actividades e a mellora de infraestruturas
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago, 9 de marzo de 2018.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, invitou hoxe a todas as entidades galegas inscritas no Rexistro da Galeguidade a solicitar as axudas que o Goberno galego concede  para a conservación da cultura, as tradicións e a atención aos galegos que residen no exterior. Dotada de máis dun millón de euros, a Xunta de Galicia vén de abrir a convocatoria de subvencións en réxime de concorrencia competitiva para gastos de funcionamento e para proxectos de actuación dirixidos ao cumprimento dos fins formativos, culturais, sociais, de xuventude e informativos das comunidades galegas.

Do mesmo xeito, as entidades poden solicitar axudas á conservación, obras, equipamentos e infraestrutura de instalacións, así como para a mellora de dotacións e equipamentos de carácter inventariable, que este ano volven alcanzar os 575.000 euros. O prazo de presentación de peticións para ambas liñas de axuda remata o vindeiro día 20.

Achegamento á realidade dos galegos de Maracay

O representante autonómico inaugurou esta mañá a axenda da súa primeira viaxe institucional do ano a Venezuela en Maracay, onde mantivo un encontro coa colectividade galega na rexión. Durante a xuntanza, os galegos que viven no país suramericano expuxeron ante o responsable autonómico a súa realidade, e transmitíronlle as súas inquedanzas nun momento no que a incerteza está a apoderarse do país e do seu futuro a causa da súa complexa situación política e social que atravesa.

O encontro tivo lugar no Centro Hispano Venezolano del Estado Aragua logo de que o secretario xeral da Emigración impartira unha charla informativa ante a colectividade galega sobre os diferentes programas e liñas de axudas que o Goberno galego ten en marcha tanto para os residentes no país como para os que decidan retornar. As Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME), as Axudas ao Retorno Emprendedor e as Extraordinarias para Emigrantes Retornados son as tres que concentran as medidas que a Xunta de Galicia deseñou para atraer á poboación galega máis nova á comunidade e ofrecerlles a oportunidade de establecerse nela.

Proba diso é a cantidade de venezolanos que cada semana chega a Galicia tralos seus familiares, amigos ou coñecidos. De aí a importancia desta visita e das xuntanzas de Rodríguez Miranda cos galegos residentes na república de Venezuela para expoñer todas as ferramentas que estes galegos que están a retornar á súa terra, así como os seus descendentes, teñen á súa disposición.

Valencia presidirá a axenda da tarde

Esta tarde o responsable do departamento autonómico trasladarase a Valencia, onde, ademais, se reunirá coa directiva da Hermandad Gallega de Venezuela, coa que asinará o protocolo de colaboración. Mañá será o Centro Gallego de Maracaibo o que recibirá a visita do secretario xeral da Emigración para celebrar reunións cos socios e a directiva da entidade, así como para ofrecer información á colectividade galega na cidade venezolana.

739 lecturas