Miranda invita aos máis de 100.000 galegos e galegas de Europa a formar parte da Estratexia Retorna 2020

O secretario xeral da Emigración concluíu o seu percorrido por Alemaña cunha charla informativa en Núremberg.

O 82% da poboación galega no vello Continente, 89.955 persoas, teñen menos de 65 anos.

  • Miranda invita aos máis de 100.000 galegos e galegas de Europa a formar parte da Estratexia Retorna 2020
    Miranda invita aos máis de 100.000 galegos e galegas de Europa a formar parte da Estratexia Retorna 2020
  • O secretario xeral da Emigración -e ao seu carón Gerardo Arias González, presidente da entidade galega na cidade bávara- durante a charla no Centro Galego de Nürnberg
    O secretario xeral da Emigración -e ao seu carón Gerardo Arias González, presidente da entidade galega na cidade bávara- durante a charla no Centro Galego de Nürnberg
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 14 de abril de 2018.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, invitou aos 109.399 galegos e galegas que residen en Europa a converterse en protagonistas da Estratexia Retorna 2020, o documento aprobado esta semana polo Consello da Xunta que recolle máis de medio cento de medidas transversais tanto especificamente dirixidas ás e aos galegos do exterior como con incentivos específicos para eles.

O obxectivo, fomentar e facilitar o regreso a Galicia da poboación galega no estranxeiro, está dirixido a todas a cidadanía galega no estranxeiro, pero ten un público especialmente obxectivo entre mozas e mozos e as e os menores de 65 anos. Este grupo supera o 82% no caso do Vello Continente, no que 89.955 persoas teñen 64 ano ou menos.

Só en Alemaña viven nestes intres 17.227 galegas e galegos, dos que unha porcentaxe similar á europea, o 82%, 14.128, son menores de 65 anos, e un total de 11.675 teñen entre 16 e 64 anos.

Sesións informativas
O responsable autonómico fixo extensiva esta invitación a todas e todos os galegos no exterior durante a charla informativa que impartiu no Centro Galego de Nürnberg, coa que pechou o seu percorrido por Alemaña. A seguinte parada da súa axenda oficial levarao mañá á tarde ata Londres, onde celebrará unha nova sesión divulgativa da Estratexia Retorna 2020 no Centro Galego.

O subdirector xeral de Xestión Económico-Administrativa e Retorno, José Carlos García Bouzas, pola súa banda, porá fin hoxe ao seu percorrido polo Vello Continente coa charla que ofrecerá na Irmandade Galega na Suíza de Xenebra ás 18 horas.

395 lecturas