Miranda inicia viaxe a Arxentina e Uruguai, coincidindo co centenario da fundación da Casa de Galicia de Montevideo

O secretario xeral fará entrega das ‘compostelas’ ás rapazas e rapaces galego-uruguaios que este ano participaron no ‘Conecta con Galicia’, e tamén se reunirá cos e coas representantes do Consello de Residentes en Montevideo. 

Entre ambos países, suman máis de 214.000 residentes galegas e galegos. 

  • O secretario xeral da Emigración asistiu á celebración do 100º aniversario da Casa de Galicia de Montevideo
    O secretario xeral da Emigración asistiu á celebración do 100º aniversario da Casa de Galicia de Montevideo
  • O secretario xeral fixo entrega das ‘compostelas’ ás rapazas e rapaces galego-uruguaios que este ano participaron no ‘Conecta con Galicia’
    O secretario xeral fixo entrega das ‘compostelas’ ás rapazas e rapaces galego-uruguaios que este ano participaron no ‘Conecta con Galicia’

  • Miranda tamén participou con de la Campa nunha xuntanza, no Patronato da Cultura Galega, cos e coas membros do Consello de Residentes Españois en Montevideo
    Miranda tamén participou con de la Campa nunha xuntanza, no Patronato da Cultura Galega, cos e coas membros do Consello de Residentes Españois en Montevideo
  • O secretario xeral fixo entrega das ‘compostelas’ ás rapazas e rapaces galego-uruguaios que este ano participaron no ‘Conecta con Galicia’
    O secretario xeral fixo entrega das ‘compostelas’ ás rapazas e rapaces galego-uruguaios que este ano participaron no ‘Conecta con Galicia’
  • O secretario xeral fixo entrega das ‘compostelas’ ás rapazas e rapaces galego-uruguaios que este ano participaron no ‘Conecta con Galicia’
    O secretario xeral fixo entrega das ‘compostelas’ ás rapazas e rapaces galego-uruguaios que este ano participaron no ‘Conecta con Galicia’
  • O secretario xeral fixo entrega das ‘compostelas’ ás rapazas e rapaces galego-uruguaios que este ano participaron no ‘Conecta con Galicia’
    O secretario xeral fixo entrega das ‘compostelas’ ás rapazas e rapaces galego-uruguaios que este ano participaron no ‘Conecta con Galicia’
  • O secretario xeral fixo entrega das ‘compostelas’ ás rapazas e rapaces galego-uruguaios que este ano participaron no ‘Conecta con Galicia’
    O secretario xeral fixo entrega das ‘compostelas’ ás rapazas e rapaces galego-uruguaios que este ano participaron no ‘Conecta con Galicia’
  • O secretario xeral fixo entrega das ‘compostelas’ ás rapazas e rapaces galego-uruguaios que este ano participaron no ‘Conecta con Galicia’
    O secretario xeral fixo entrega das ‘compostelas’ ás rapazas e rapaces galego-uruguaios que este ano participaron no ‘Conecta con Galicia’
Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2017.
Listen to this page using ReadSpeaker

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, inicia unha nova viaxe a Uruguai e Arxentina para pulsar a actualidade da diáspora galega, participar en varias actividades de relevancia para as comunidades de paisanas e paisanos residentes en ambos países, e profundar nas relacións coas autoridades locais.

O secretario xeral participará xunto co Director General de Migraciones, Ildefonso de la Campa, este venres nunha xuntanza, no Patronato da Cultura Galega, cos e coas membros do Consello de Residentes Españois en Montevideo, e despois entregarán as ‘compostelas’ (acreditacións de ter realizado o Camiño de Santiago) aos rapaces e rapazas galegos residentes no Uruguai que este ano participaron no programa ‘Conecta con Galicia’, da Secretaría Xeral da Emigración.

Miranda e De la Campa -acompañados en todo momento polo delegado da Xunta en Arxentina e Uruguai, Alejandro López Dobarro, e polo conselleiro de Emprego e Seguridade Social da Embaixada de España, Benito Díaz Arce- participarán nas celebracións polo centenario da Casa de Galicia de Montevideo, unha das institucións sociais e asistenciais máis senlleiras do Uruguai, e unha das máis relevantes da Galeguidade en todo o mundo.

Galegos en Uruguai e Arxentina
Arestora, e segundo os datos máis recentes do Instituto Nacional de Estatística (INE), residen 214.059 galegas e galegos nos dous países, 172.234 na República Arxentina, e 41.111 na do Uruguai. Delas e deles, o 74’72% no caso arxentino, e o 79’84% no uruguaio, son galegas e galegos xa nados na diáspora.

282 lecturas