Miranda inicia a súa viaxe a Alemaña cun encontro con socios e directivos da Asociación Cultural Galega de Hamburgo

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2018.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, abriu esta tarde a axenda institucional da súa viaxe a Alemaña, a segunda que leva a cabo este ano ao país teutón, cun encontro con socios e directivos da Asociación Cultural Galega de Hamburgo. O responsable autonómico visitou as instalacións da entidade galega, que aglutina máis de 150 asociados. Miranda interesouse pola situación actual dos galegos que residen nesta cidade alemá.

743 lecturas