Miranda gaba o papel da Federación de Sociedades Galegas en Cuba e dos coordinadores nas provincias, pois “sen eles non chegariamos aos paisanos que nos necesitan, a maioría de avanzada idade”

O secretario xeral da Emigración lembrou que, das axudas individuais concedidas en 2016 polo seu departamento, 7.101 foron para galegos residentes na illa

A idade media dos beneficiarios supera os 77 anos

  • Miranda gaba o papel da Federación de Sociedades Galegas en Cuba e dos coordinadores nas provincias, pois “sen eles non chegariamos aos paisanos que nos necesitan, a maioría de avanzada idade”
    Miranda gaba o papel da Federación de Sociedades Galegas en Cuba e dos coordinadores nas provincias, pois “sen eles non chegariamos aos paisanos que nos necesitan, a maioría de avanzada idade”
  • Miranda gaba o papel da Federación de Sociedades Galegas en Cuba e dos coordinadores nas provincias, pois “sen eles non chegariamos aos paisanos que nos necesitan, a maioría de avanzada idade”
    Miranda gaba o papel da Federación de Sociedades Galegas en Cuba e dos coordinadores nas provincias, pois “sen eles non chegariamos aos paisanos que nos necesitan, a maioría de avanzada idade”
Santiago, 26 de abril de 2017.
Listen to this page using ReadSpeaker

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, comezou a súa viaxe ao interior da illa de Cuba cun encontro coas galegas e galegos de Villa Clara, unha ampla colectividade formada -como no resto da illa- por segundas xeracións nadas xa na diáspora pero que manteñen, ademais da nacionalidade, fortes e activos vínculos coa terra de orixes dos seus pais e avós.

Na capital desa provincia, Santa Clara, Miranda puxo de relevo o feito de que esas segundas xeracións “son unha oportunidade para Galicia, porque espallan a súa imaxe por todo o mundo e supoñen unha importante ocasión de crecemento futuro, tanto en termos de poboación como de proxección económica en toda América e Europa”.

O acto, ao que asistiron máis de duascentas persoas, tivo lugar na emblemática Biblioteca José Martí, antiga sede do goberno da Provincia de Las Villas. Membros da orquestra sinfónica da cidade saudaron a presenza da autoridade autonómica galega, e interviu tamén o profesor Daniel Bulgado explicando o proxecto de colaboración “Caminos de ida y vuelta”, no que participan Galicia, Arxentina e Cuba (en concreto por parte cubana o instituto de Santa Clara, e pola galega o IES Luís Seoane de Pontevedra).

Tamén presentou o seu libro “En honor a mi pueblo” -no que describe a vila de Sagua la Grande, fundada por un galego- o escritor tamén galego Heriberto González Reyes. Finalmente, falou o responsable autonómico de Emigración, a quen despois puideron trasladarlle as súas dúbidas e problemáticas os asistentes.

 

Labor fundamental

Miranda mantivera antes unha reunión específica co coordinador na provincia da Federación de Sociedades Galegas en Cuba, Augusto Blanco, que é ademais vicecónsul honorario de España, unha das persoas que colaboran activamente para facer chegar a tódalas persoas galegas a información sobre prazos e requisitos das axudas económicas individuais que concede a Secretaría Xeral da Emigración.

Miranda enxalzou de maneira destacada o traballo desas persoas: “Sen o seu concurso, de nada servirían os recursos que a Xunta pon ao dispor das e dos galegos en situación máis precaria, sen eles non poderiamos chegar aos paisanos que nos necesitan, a inmensa maioría dunha moi avanzada idade”.

Este labor de vehículo de información e canle para o procesamento dos expedientes de solicitude realízase coordinado pola Federación de Sociedades Galegas de Cuba, entidade nada do acordo entre as comunidades galegas asentadas na illa e que alí mantén viva -malia as peculiares circunstancias vividas nas últimas décadas- a chama da Galeguidade.

Beneficiáronse das axudas individuais da Secretaría Xeral da Emigración, na convocatoria de 2016, un total de 7.101 persoas en Cuba. A media de idade dos beneficiarios é de 77 anos, e a contía media ronda os 210 euros. Cómpre lembrar que se trata dun pago único anual, asignado a cada beneficiario cun expediente individualizado, e en función do cumprimento dos requisitos establecidos na convocatoria.

“Esta pequena cantidade, desde o punto de vista da Galicia territorial adquire unha alta relevancia nas familias receptoras, axudándoas de maneira significativa e aumentando a calidade de vida dos nosos maiores en Cuba, e de toda a súa contorna familiar”, segundo destacou Rodríguez Miranda.

554 lecturas