Miranda gaba “o esforzado e meritorio labor” dos paisanos e paisanas en Castelló por manter viva a chama da Galeguidade

  • O secretario xeral da Emigración e o presidente do Centro Galego de Castelló ‘O Aturuxo’ analizaron a situación da colectividade galega na cidade da Plana e no resto da Comunidade Valenciana
    O secretario xeral da Emigración e o presidente do Centro Galego de Castelló ‘O Aturuxo’ analizaron a situación da colectividade galega na cidade da Plana e no resto da Comunidade Valenciana
  • En Castelló residen 2.264 galegas e galegos
    En Castelló residen 2.264 galegas e galegos
Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2017.
Listen to this page using ReadSpeaker

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda,  recibiu no seu despacho ao presidente do Centro Galego de Castelló ‘O Aturuxo’, Xosé Filgueira Fernández, con quen analizou a situación da colectividade galega na cidade da Plana e no resto da Comunidade Valenciana.

Filgueira encabeza un grupo de socias e socios que desexan dar novos folgos ás actividades do Centro, que foi refundado en 1993, pero cun antecedente nos anos 30 do pasado século e que desaparecera tralos convulsos acontecementos históricos da época. Ademais de actividades deportivas, culturais e lúdicas, o centro ofrece un lugar de referencia para o irmandamento e interconexión entre as e os galegos residentes na provincia más setentrional das valencianas.

O secretario xeral destacou que “malia ser a cantidade de galegos reducida na provincia onde se asenta, a Galeguidade segue viva en Castellón grazas ao esforzado e meritorio labor duns paisanos que senten a súa terra cunha intensidade e cariño encomiables”, afirmou Miranda.

Na Comunidade Valenciana residen arestora, e segundo os últimos datos do Instituto Nacional de Estatística, un total de 18.544 galegas e galegos de nacemento, dos cales 2.264 teñen fixado o seu domicilio na provincia de Castelló. En solo galego residen un total de 4.086 persoas nadas na Comunidade Valenciana.

200 lecturas