Miranda fai un chamamento ás segundas xeracións de galegas e galegos, nados xa na diáspora, a participaren no futuro de Galicia

O secretario xeral da Emigración estivo presente na celebración do 68º aniversario do Centro Gallego de La Plata, e do 107º do da Sociedad Parroquial de Vedra. 

  • O secretario xeral da Emigración estivo presente na celebración do 68º aniversario do Centro Gallego de La Plata
    O secretario xeral da Emigración estivo presente na celebración do 68º aniversario do Centro Gallego de La Plata
  • O secretario xeral da Emigración estivo presente na celebración do 68º aniversario do Centro Gallego de La Plata
    O secretario xeral da Emigración estivo presente na celebración do 68º aniversario do Centro Gallego de La Plata
  • O secretario xeral da Emigración estivo presente na celebración do 68º aniversario do Centro Gallego de La Plata
    O secretario xeral da Emigración estivo presente na celebración do 68º aniversario do Centro Gallego de La Plata
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2017.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, rematou a súa viaxe a Arxentina participando en cadanseu evento de dúas das comunidades galegas con destacada presenza na República Arxentina, acompañado do delegado da Xunta nese país e Uruguai, Alejandro López Dobarro, e do conselleiro  de Emprego e Seguridade Social da Embaixada española na Arxentina, José Luis Mira, de orixe galega.

En primeiro lugar, o alto cargo autonómico presidiu a celebración do 68º aniversario do Centro Gallego de La Plata, onde realizou “un chamamento explícito ás segundas xeracións de galegos para que tomedes o relevo do traballo realizado polos vosos pais e avós en prol da irmandade universal entre as e os galegos, para que continuedes -e melloredes se é posible- esa presenza universal de Galicia, e a súa imaxe en todo o mundo”.

O Centro Gallego de La Plata, fundado en 1949 e presidido por Diego Pérez, posúe unha sede social con dúas plantas, dotada de salón principal, cociña, almacén e escenario, outro salón de actos, biblioteca, secretaría, terrazas e zona de grellas. Tamén posúe unha vila de recreo á beira do Río de la Plata, con espazos para recreo e práctica deportiva.

107 anos
De seguido, presidiu a Festa das Dores, coa que a Sociedad Parroquial de Vedra celebrou o seu 107 aniversario. Trátase dunha das entidades máis lonxevas de toda a Galeguidade universal, aspecto que destacou e gabou o secretario xeral.

A Sociedad, con case medio milleiro de socias e socios e presidida por Orlando Pegito, conta cunha sede con superficie cuberta de 850 m2: dous salóns, gabinete, cociña, secretaría social e oficinas administrativas, biblioteca, ximnasio, polideportivo, praza para xogos infantís, e outras zonas de recreo. Destaca pola súa capacidade para inferir nas segundas xeracións de galegas e galegos, nados xa na diáspora, o interese e querenza pola cultura e idioma galegos.

Miranda chamou “á unidade de todas e tódolos galegos de Bos Aires, de toda a Arxentina. No impresionante éxito das distintas edicións do ‘Buenos Aires celebra Galicia’ temos demostrado que, se nos poñemos a remar todos xuntos na mesma dirección, non hai obxectivo que non podamos acadar. Ínstovos a profundar nesa traxectoria, nesa filosofía, de que a unión fai a forza”, afirmou.

390 lecturas