Miranda fai balance das axudas dirixidas aos galegos e galegas residentes en Cuba co embaixador de España e representantes do Goberno centroamericano

O secretario xeral da Emigración reuniuse co responsable de Europa do Ministerio de Relacións Exteriores cubano e co de Xustiza. 

O cargo autonómico asistirá esta tarde ao capítulo extraordinario da Enxebre Orde da Vieira en La Habana. 

  • Na imaxe, o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e o embaixador de España en La Habana, Juan José Buitrago de Benito
    Na imaxe, o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e o embaixador de España en La Habana, Juan José Buitrago de Benito
  • Na imaxe (de esquerda a dereita): Miguel Moré, Claudio Ramos, Alejandro Simancas, Juan José Buitrago de Benito e Antonio Rguez. Miranda
    Na imaxe (de esquerda a dereita): Miguel Moré, Claudio Ramos, Alejandro Simancas, Juan José Buitrago de Benito e Antonio Rguez. Miranda
Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2017.
Listen to this page using ReadSpeaker

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, reuniuse esta mañá na sede da Embaixada de España na República de Cuba co máximo representante estatal na illa, Juan José Buitrago de Benito. Ambos supervisaron a xestión dos diferentes programas que a Secretaría Xeral da Emigración ten en marcha no país centroamericano, a meirande parte dos cales veñen de rematar nas últimas semanas. 

Ambos mandatarios desprazáronse a continuación á sede do Ministerio de Relacións Exteriores de Cuba para manter un encontro con responsables das políticas deste departamento en Europa, así como do Ministerio de Xustiza. Esta xuntanza enmárcase dentro dos contactos habituais que o Goberno de Galicia e o de España manteñen co cubano co obxectivo de analizar e actualizar a situación das cidadás e dos cidadáns españois e, máis en especificamente, a dos galegos e galegas residentes no país centroamericano.   

Encontros con galegas e galegos residentes na illa 
Unha vez rematada a quenda de reunións diplomáticas, Rodríguez Miranda ten previsto asistir ao capítulo extraordinario organizado pola Enxebre Orde da Vieira con motivo do 110 aniversario do himno galego, que terá lugar no antigo palacio do Centro Gallego e actual gran Teatro de La Habana, e no que se renderá unha homenaxe a José Castro, “Chané”, no centenario do seu pasamento.

O secretario xeral da Emigración continuará o seu percorrido en Santiago de Cuba e Pinar del Río. E reservará o último día da súa viaxe para reunirse, xunto ao embaixador español en Cuba, cos presidentes e presidentas das sociedades galegas na illa centroamericana e co máximo responsable da Federación de Sociedades Gallegas na República de Cuba, Sergio Toledo.

Máis de 7.000 familias con axudas individuais
A situación dos galegos e as galegas residentes en Cuba é desde hai anos unha das máximas prioridades da Secretaría Xeral da Emigración, que destinou en 2017 a esta poboación, que supera as 40.000 persoas, preto de 1,4 millóns de euros só en axudas individuais. Estas subvencións lograron mellorar a calidade de vida dun total de 7.012 familias de persoas galegas en Cuba, que viron complementadas as súas necesidades máis urxentes. A aposta do departamento autonómico para os vindeiros exercicios pasa por seguir dando resposta ás demandas máis básicas da poboación galega que vive no país centroamericano.  

433 lecturas