Miranda fai balance co cónsul xeral de Cuba da colaboración entre ambos gobernos

O secretario xeral da Emigración planifica as bases da cooperación entre ambas institucións de cara a 2018 con José Antonio Solana. 

O secretario xeral da Emigración planifica as bases da cooperación entre ambas institucións de cara a 2018 con José Antonio Solana
O secretario xeral da Emigración planifica as bases da cooperación entre ambas institucións de cara a 2018 con José Antonio Solana
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2018.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, fixo balance das actuacións levadas a cabo polo Goberno galego a través do departamento que dirixe de cara a mellorar a situación dos galegos e galegas residentes en Cuba e a garantir o seu benestar. O responsable autonómico mantivo unha xuntanza co cónsul do país centroamericano, José Antonio Solana, no que, ademais, sentaron as bases da colaboración entre ambas institucións de cara ao exercicio que vén de comezar.

O encontro enmárcase no calendario de contactos que manteñen de xeito periódico a Xunta de Galicia e o Consulado de Cuba, que se reflicte unha estreita relación institucional. Este entendemento tradúcese en diferentes accións que levaron a Cuba axudas para máis de 7.000 cidadás e cidadáns galegos residentes no país centroamericano en 2017, no que se desenvolve un amplo traballo no ámbito social, pero tamén no cultural, coas entidades de galegas e galegos residentes no país.

Máis da metade das axudas individuais
En Cuba residen actualmente 40.750 galegas e galegos, dos que a inmensa maioría, o 98,9%, xa naceron na diáspora. Das e dos orixinarios de Galicia, 454, case o 91% teñen máis de 65 anos. De aí que más da metade do presuposto co que contará a Secretaría Xeral da Emigración para as axudas individuais a cidadás e cidadáns galegos no exterior en 2018 sexa para as e os que residen no país centroamericano. A medida de idade dos destinatarios e destinatarias destas subvencións é de 77 anos. 

391 lecturas