Miranda e Díaz entregan Pratos de Ouro no decurso de Xantar 2017 en Ourense

  • Na imaxe, o secretario xeral da Emigración fai entrega dun dos Pratos de Ouro de Radioturismo á representante do Hotel Barceló San José (Costa Rica)
    Na imaxe, o secretario xeral da Emigración fai entrega dun dos Pratos de Ouro de Radioturismo á representante do Hotel Barceló San José (Costa Rica)
  • Miranda, entregando o Prato de Ouro á Casa Grande de Cristosende (Teixeira-Ourense)
    Miranda, entregando o Prato de Ouro á Casa Grande de Cristosende (Teixeira-Ourense)
  • Miranda, entregando o Prato de Ouro ao restaurante El Trapiche (Panamá)
    Miranda, entregando o Prato de Ouro ao restaurante El Trapiche (Panamá)
  • Á entrega dos premios asistiron, ademais do secretario xeral da Emigración, a delegada da Xunta en Ourense e o vicepresidente da Deputación Provincial ourensá
    Á entrega dos premios asistiron, ademais do secretario xeral da Emigración, a delegada da Xunta en Ourense e o vicepresidente da Deputación Provincial ourensá
Santiago de Compostela - Ourense, 3 de febreiro de 2017.
Listen to this page using ReadSpeaker

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, a delegada provincial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz, o vicepresidente da Deputación Provincial de Ourense, Rosendo Fernández, así como outras autoridades locais e diversas e diversos membros de asociacións profesionais da hostalaría e o turismo, asistiron á entrega dos Pratos de Ouro de Radioturismo a restaurantes e casas rurais de Galicia, Portugal, Panamá e Costa Rica, no marco da feira Xantar 2017, no recinto feiral de Expourense. Miranda foi o encargado de entregar varios dos galardóns deste ano.

Os restaurantes premiados nesta ocasión foron El Trapiche e Mercao de Panamá, o do Hotel Barceló San José e Don Rufino de Costa Rica, Quinta do Paço de Portugal, El Coto de Ourense, e Os Cachivaches de Lugo. Canto ás casas rurais, resultaron gañadoras nesta edición a Rectoral de Anllo en Sober (Lugo), e a Casa Grande de Cristosende en Teixeira (Ourense), ambas na Ribeira Sacra.

737 lecturas