Miranda califica a diáspora en Uruguai de “expoñente claro da nosa capacidade como pobo para construír e desenvolver” os lugares nos que as e os galegos se asentan

O secretario xeral da Emigración, en compañía do embaixador de España, Roberto Varela, e o delegado da Xunta, Alejandro López Dobarro, acudiu á romaría do Centro Galego de Montevideo, o máis antigo en funcionamento do mundo.

  • Miranda asistiu á Romaría do Centro Galego de Montevideo, o máis antigo do mundo en funcionamento
    Miranda asistiu á Romaría do Centro Galego de Montevideo, o máis antigo do mundo en funcionamento
  • Miranda asistiu á Romaría do Centro Galego de Montevideo, o máis antigo do mundo en funcionamento
    Miranda asistiu á Romaría do Centro Galego de Montevideo, o máis antigo do mundo en funcionamento
Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2017.
Listen to this page using ReadSpeaker

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, concluíu a súa primeira viaxe da lexislatura a Arxentina e Uruguai compartindo coa importante colectividade galega presente en Montevideo unha das grandes celebracións da diáspora galega no mundo, a Romaría do Centro Galego da capital charrúa, na súa sede do Campo de Carrasco.

Miranda estivo acompañado do embaixador español en Uruguai, o tamén galego Roberto Varela, do delegado da Xunta en ambos países, Alejandro López Dobarro, e do presidente da comunidade galega anfitrioa, Jorge Torres, canda outros directivos e directivas das colectividades galegas presentes no país.

Na súa alocución ás e aos milleiros de paisanos -e veciñanza uruguaia- presentes no evento, Miranda destacou que “sodes expoñente claro da nosa capacidade como pobo para construír e desenvolver os lugares nos que a nosa colectividade aséntase: tedes, desde logo, motivos de celebración, e razóns para sentirvos máis que orgullosos do labor realizado”.

En referencia á vitalidade da ligazón das segundas xeracións coa terra dos seus pais e avós, Miranda afirmou que “ireime hoxe do Uruguai, unha vez máis, convencido de que este é un país no que a Galeguidade ten garantida unha saúde forte e un futuro certo. Grazas a todos, en nome dá Galicia territorial e de tódolos galegos do mundo, polo exemplo que dades”.

O máis antigo
O Centro Galego de Montevideo foi fundado en agosto de 1879, é por tanto o máis antigo en funcionamento do mundo. Destacou sempre polas súas actividades no terreo cultural desenvolvendo un amplo programa con ciclos de conferencias, obras teatrais, exposicións, concertos, cursos e festivais de danza. Organiza diversas actividades de carácter benéfico en apoio do ‘Hogar Español’, e coordina diversos programas asistenciais a favor de persoas galegas e descendentes, especialmente as e os máis desfavorecidos. Segundo os últimos datos do INE, no Uruguai residen arestora 40.660 galegas e galegos, dos que 32.203 (o 79’20 %) son cidadás e cidadáns galegos xa nados na diáspora.

701 lecturas