Miranda dá a benvida aos mozos da Arxentina participantes na segunda quenda do Conecta con Galicia
Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2018.
Os 23 participantes da segunda quenda do Conecta con Galicia, aterraron no aeroporto de Lavacolla procedentes de Arxentina. Durante as vindeiras semanas farán o Camiño de Santiago e convivirán nas instalacións que a Dirección Xeral de Xuventude ten en Gandarío con outras e outros mozos galegos. Na última etapa do programa terán a oportunidade de reunirse coas súas familias galegas.
Novas relacionadas