Miranda asistiu ao "Día da Cultura Cubana" que organiza o Consulado Xeral de Cuba en Santiago de Compostela

No centro da imaxe (con gravata vermella), José Antonio Solana; á súa dereita Miranda e, á esquerda, Ramón Brigos, subdirector xeral da Emigración e das Comunidades Galegas
No centro da imaxe (con gravata vermella), José Antonio Solana; á súa dereita Miranda e, á esquerda, Ramón Brigos, subdirector xeral da Emigración e das Comunidades Galegas
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2017.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu onte na capital galega á celebración do "Día da Cultura Cubana", actividade que anualmente organiza o Consulado Xeral de Cuba en Santiago de Compostela. Miranda e persoal do departamento que dirixe acompañaron ao cónsul xeral de Cuba, José Antonio Solana Fernández, nesta xa tradicional cita de irmandamento entre Galicia e a maior das Antillas.

391 lecturas