Miranda asiste a un concerto didáctico e un acto cultural con nenos e nenas da Hermandad Gallega de Venezuela

O secretario xeral da Emigración fíxolles entrega do libro 'Picariño, Pura e Dora Vázquez na voz de Suso Vaamoonde'.

Os pequenos e pequenas gozaron no Teatro Rosalía de Castro da agrupación caraqueña dun concerto prenavideño con Luís Vaamonde e Alfredo Villalba, do grupo A Roda.

  • Os cativos e cativas gozaron no Teatro Rosalía de Castro da agrupación caraqueña dun concerto prenavideño con Luís Vaamonde e Alfredo Villalba, do grupo A Roda
    Os cativos e cativas gozaron no Teatro Rosalía de Castro da agrupación caraqueña dun concerto prenavideño con Luís Vaamonde e Alfredo Villalba, do grupo A Roda
  • O secretario xeral da Emigración fíxolles entrega do libro 'Picariño, Pura e Dora Vázquez na voz de Suso Vaamoonde'
    O secretario xeral da Emigración fíxolles entrega do libro 'Picariño, Pura e Dora Vázquez na voz de Suso Vaamoonde'

  • Miranda tamén se reuniu coas e cos membros do Consejo de Residentes Españoles (CRE) en Venezuela
    Miranda tamén se reuniu coas e cos membros do Consejo de Residentes Españoles (CRE) en Venezuela
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2017.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu onte á tarde a un acto cultural no que participaron máis de dous centos de nenos e nenas de ata 10 anos da Hermandad Gallega de Venezuela acompañados dos seus pais, nais, avós e avoas. O acto literario para as e os nenos, que se celebrou no Teatro Rosalía de Castro, situado nas instalacións da asociación caraqueña, rematou cun concerto no que os pequenos e pequenas puideron escoitar varias panxoliñas para gozar do ambiente previo ás festas de Nadal que están a piques de comezar.

Os nenos recibiron un exemplar do libro-CD Picariño: Pura e Dora Vázquez na voz de Suso Vaamonde, agasallo da Secretaría Xeral da Emigración, que pretende así achegar o espírito do Nadal ás galegas e galegos máis pequenos residentes no país suramericano. O libro, prologado por Xesús Alonso Montero, expresidente da Real Academia Galega (RAG), recolle 14 poemas das dúas escritoras e irmás ourensás Pura e Dora Vázquez. Pura, que se adicou a todos os xéneros literarios, viviu en Caracas durante un breve período da súa vida, onde traballou nun xardín de infancia.

A Hermandad Gallega de Venezuela, unha das máis importantes da diáspora, conta con 30.000 persoas asociadas (das que 24.000 son galegas) e fai un labor tanto social como educativo e cultural imprescindibles para garantir o benestar das e dos galegos residentes no país suramericano e para conservar a súas tradicións. Forman parte dela máis da metade dos case 44.000 galegos e galegas que viven en Venezuela nestes momentos.

Encontro co CRE
Previamente, o secretario xeral da Emigración mantivo encontros coas e cos representantes diplomáticos españois e unha reunión coas e cos membros do Consejo de Residentes Españoles (CRE) en Venezuela. Nesta última xuntanza Rodríguez Miranda tivo oportunidade de explicar as actuacións da Administración galega en prol dos nosos cidadáns e cidadás residentes no país, e de  escoitar as propostas e suxerencias formuladas polas e polos membros do CRE para atender do mellor xeito á cidadanía.

Esta mañá Rodríguez Miranda participará na sesión ordinaria do consello de administración da Fundación España Salud, que terá lugar na sede da Consejería de Empleo y Seguridad Social da Embaixada de España.   

Vídeo dun momento do concerto de cancións infantís celebrado no Teatro Rosalía de Castro da Hermandad:

1165 lecturas