Miranda aplaude a recuperación do Centro Gallego de Santa Fe, que está a converterse nun referente cultural da cidade arxentina

O secretario xeral da Emigración recibiu información actualizada da evolución da entidade da man do seu presidente, Manuel López Fernández.

A agrupación está a executar, ademais, melloras nas súas instalacións.

Manuel López Fernández e Antonio Rodríguez Miranda, durante o encontro que tivo lugar en Santiago de Compostela
Manuel López Fernández e Antonio Rodríguez Miranda, durante o encontro que tivo lugar en Santiago de Compostela
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 2018.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro co actual presidente do Centro Gallego de Santa Fe, Manuel López Fernández, a quen felicitou polo inmenso labor de recuperación que está a levar a cabo na entidade. A asociación arxentina vén de experimentar nos últimos anos unha renovación en tódolos ámbitos que a levou a superar momentos delicados para convertela nun dos referentes culturais da capital da provincia de Santa Fe.

O responsable autonómico recibiu información actualizada da man do representante da entidade sobre as obras que se están a executar nas xenerosas instalacións do centro, cuxo obxectivo é melloralas e facelas máis accesibles a todas e todos os galegos e arxentinos de Santa Fe. A estreita colaboración que o Centro Gallego mantén neste senso coa Municipalidade da cidade arxentina fai dela, ademais, unha das entidades con maior número de actividades e maior participación cidadá da capital.

Unha biblioteca especializada en cultura galega
A agrupación aglutina na actualidade máis de dous centos de persoas asociadas, das que a inmensa parte son galegas residentes na rexión arxentina. O Centro Gallego de Santa Fe posúe, entre outros bens culturais, unha biblioteca especializada en cultura galega.

633 lecturas