Miranda anuncia un incremento de case o 300% nas axudas individuais para galegos de Venezuela, que en 2018 disporán de 900.000 euros

O secretario xeral da Emigración mantivo unha xuntanza cos socios da Hermandad Gallega de Valencia, onde impartiu a segunda das charlas informativas sobre os programas de fomento do retorno

O responsable autonómico asinou un protocolo de colaboración para o mantemento do punto de información e atención da entidade

  • Miranda anuncia un incremento de case o 300% nas axudas individuais para galegos de Venezuela, que en 2018 disporán de 900.000 euros

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago, 10 de marzo de 2018.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, anunciou o incremento que o Goberno galego quere aplicar este ano ás axudas individuais para os galegos de Venezuela, que case triplica as de 2017. O aumento, que elevará esta partida presupostaria ata os 900.000 euros en 2018, pretende dar resposta á complicada situación que atravesan os galegos que viven no país por mor do seu incerto futuro político e social.

O prazo para solicitalas abrirase nos vindeiros días para que todos os galegos do exterior que cumpran os requisitos poidan optar a estas axudas, dirixidas a emigrantes galegos e os seus fillos, netos e familiares con nacionalidade española residentes no estranxeiro que se atopen en situación de precariedade económica, dun xeito directo, individual e de carácter social. A Xunta de Galicia incrementou a contía destinada a este apartado un 23 % de cara a 2018, pasando dos 2,1 millóns de euros asignados en 2017 aos 2,6 millóns de euros deste ano.

Protocolo de colaboración para atención e asesoramento

Ademais, o responsable autonómico aproveitou a súa visita á Hermandad Gallega de Valencia para reunirse cos socios e asinar un protocolo de colaboración para o mantemento da oficina que posúe a entidade de información e atencións aos galegos residentes nesta rexión da república venezolana.

Logo do acto de sinatura oficial Miranda impartiu unha charla informativa sobre as medidas que a Xunta de Galicia ten en marcha tanto para os venezolanos que aínda viven no país suramericano como para os que xa regresaron. As Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME), as Axudas ao Retorno Emprendedor e as Axudas Extraordinarias ao Emigrante Retornado son as tres liñas básicas que conforman a atención e acompañamento da Secretaría Xeral da Emigración aos galegos residentes que deciden regresar a Galicia.    

Axenda de fin de semana

Mañá Rodríguez Miranda trasladarase a Puerto de la Cruz, onde o Goberno galego mantén un punto de información e asesoramento para galegos residentes nesta rexión do país a través do Centro Gallego de Puerto de la Cruz. A sinatura do convenio permitirá renovar este servizo un ano máis, e dará oportunidade ao representante autonómico para reunirse tanto cos membros da entidade como cos seus responsables, e informarlles das axudas que teñen á súa disposición tanto no propio país suramericano como en Galicia, en caso de que decidan retornar.

875 lecturas