Miranda amosa o seu apoio á nova etapa que vén de iniciar a Asociación Galega en Suíza Rosalía de Castro de Berna

O secretario xeral da Emigración reuniuse coa presidenta da entidade para coñecer o proxecto de futuro da agrupación. 

O secretario xeral da Emigración reuniuse coa presidenta da entidade para coñecer o proxecto de futuro da agrupación
O secretario xeral da Emigración reuniuse coa presidenta da entidade para coñecer o proxecto de futuro da agrupación
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 2018.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, amosou o seu compromiso coa asociación galega en Suíza Rosalía de Castro de Berna na nova andadura que a agrupación vén de iniciar. O responsable autonómico mantivo un encontro coa nova presidenta da entidade, Lucía Díaz, quen se marcou como obxectivo para o seu mandato dar un pulo importante á asociación, unha das máis emblemáticas da emigración galega en Suíza e que está preto de cumprir medio século de historia.

Miranda comprometeuse coa representante da agrupación a continuar colaborando coa asociación Rosalía de Castro para impulsar as actividades que organice co fin de seguir a difundir a cultura e a tradición galegas no país centroeuropeo. Suíza acolle actualmente 40.983 galegas e galegos residentes.

420 lecturas