Miranda agradece o labor das entidades galegas no exterior como referentes da cultura de Galicia

O secretario xeral da Emigración mantivo un encontro coa secretaria do Centro Galego de Tarragona, a quen fixo entrega de material impreso para a celebración do Día das Letras Galegas.

O secretario xeral da Emigración mantivo un encontro coa secretaria do Centro Galego de Tarragona
O secretario xeral da Emigración mantivo un encontro coa secretaria do Centro Galego de Tarragona
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 14 de maio de 2018.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, agradeceu a todas as entidades galegas que exercen a súa actividade fóra da comunidade autónoma de Galicia o inmenso labor que realizan en prol da divulgación da cultura galega. Así llo transmitiu o responsable autonómico a unha das representantes destes centros, Concepción Sauné Sesplugas, con quen mantivo un encontro en calidade de secretaria do Centro Galego de Tarragona.

A celebración do Día das Letras Galegas constitúe unha das datas nas que este esforzo de difusión da literatura e a lingua de Galicia por parte das entidades no exterior e no resto de España toma unha especial relevancia. “A diversidade de actos e propostas culturais que proliferan nestes días a través dos centros de todo o mundo converten estas comunidades en referentes da promoción do patrimonio inmaterial galego nos cinco continentes”, salientou Miranda.

O responsable autonómico aproveitou a xuntanza con Sauné Sesplugas para facerlle entrega de diverso material impreso e audiovisual sobre o Día das Letras Galegas, que este ano dedícase á estremeña de nacemento e galega de adopción María Victoria Moreno.

Actualidade do centro
Ademais, a directiva do Centro Galego de Tarragona informou ao secretario xeral da Emigración sobre a actualidade da entidade galegocatalá e dos galegos e galegas que residen nesta provincia española.

994 lecturas