Miranda achega información sobre os programas de retorno a preto de 1.500 galegos de Venezuela

O secretario xeral da Emigración impartiu en diferentes cidades catro das cinco charlas organizadas na súa primeira viaxe institucional do ano ao país suramericano

O responsable autonómico renovou o protocolo de colaboración co Centro Gallego de Puerto de la Cruz 

  • De esquerda a dereita: Roberto González (presidente da Hermandad Gallega de Venezuela A.C), Ana María Ferro Rojo (vicecónsul do Estado Monagas), Antonio, Antonio Corral (presidente do Centro Gallego de Puerto La Cruz) Richard Barreiro (cónsul honorario do Estado Anzoátegui) e Mariví Velo Giao (vicepresidenta do Centro Gallego de Puerto La Cruz) ​
    De esquerda a dereita: Roberto González (presidente da Hermandad Gallega de Venezuela A.C), Ana María Ferro Rojo (vicecónsul do Estado Monagas), Antonio, Antonio Corral (presidente do Centro Gallego de Puerto La Cruz) Richard Barreiro (cónsul honorario do Estado Anzoátegui) e Mariví Velo Giao (vicepresidenta do Centro Gallego de Puerto La Cruz) ​
  • Miranda achega información sobre os programas de retorno a preto de 1.500 galegos de Venezuela
    Miranda achega información sobre os programas de retorno a preto de 1.500 galegos de Venezuela
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago, 12 de marzo de 2018.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, está a achegar información sobre os programas de fomento do retorno a preto de 1.500 galegos de Venezuela a través de catro das cinco charlas explicativas que impartiu ata o momento en diferentes cidades do país. A última foi a que se celebrou onte no Centro Gallego de Puerto de la Cruz, e a vindeira, a derradeira desta quenda, prevé reunir na capital, Caracas, máis de medio milleiro de persoas. 

Os asistentes a cada un dos encontros informativos tiveron oportunidade de coñecer todas as liñas de axuda que o Goberno galego ten en marcha tanto para garantir o benestar dos galegos no exterior como para facilitar o seu retorno a Galicia. As Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME), as Axudas ao Retorno Emprendedor e as Axudas Extraordinarias ao Emigrante Retornado son as principais liñas de actuación da Secretaría Xeral da Emigración para fomentar que os galegos do exterior, tanto os emigrantes como oe seus descendentes, podan achegarse ás súas orixes e establecerse definitivamente na comunidade galega a través dos estudos de mestrado ou do autoemprego.

Os venezolanos foron, precisamente, a colectividade que máis solicitudes presentou para optar a algunha das cen prazas da primeira convocatoria das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME), medio cento, e tamén a que máis recibiu, unha cuarta parte do total, 25. As Axudas ao Retorno Emprendedor, pola súa banda, beneficiaron a 27 galegos de Venezuela, o que supón unha terceira parte das 87 concedidas desde a súa creación en 2013.  

Información sobre os programas

O Centro Gallego de Puerto de la Cruz tamén acolleu un encontro entre os socios e o secretario xeral da Emigración, quen a continuación se reuniu coa directiva da entidade. Ademais, Miranda aproveitou a súa visita á sede da agrupación para asinar o protocolo de colaboración que permite renovar os servizos de atención e asesoramento aos galegos desta rexión venezolana un ano máis. O departamento autonómico aportará 7.000 euros para o mantemento do punto de información que se atopa no interior do centro.  

A axenda institucional de Miranda continúa hoxe en Caracas na que será a última parada da viaxe institucional e onde permanecerá ata mañá, martes, cando emprenda o regreso a Galicia. A parte final do programa oficial arrancará coa rúbrica do protocolo de colaboración en materia de atención e asesoramento aos galegos do exterior entre o Goberno galego e a Hermandad Gallega de Venezuela, e un encontro cos membros da colectividade, e continuará mañá coa sinatura do acordo da Fundación España Salud (FES) e unha xuntanza de coordinación co titular da Consejería de Empleo y Seguridad Social, José Santiago Camba. Unha nova reunión informativa, a última do programa, e outra coa directiva da Hermandad Gallega porán o punto final a esta nova visita de Rodríguez Miranda ao país venezolano.

522 lecturas