Jorge Torres, nomeado Embaixador de cultura de paz e ética global pola Federación Mundial de Clubs, Centros e Asociacións UNESCO

Jorge Torres Cantalapiedra é presidente do Centro Gallego de Montevideo, entidade galega do exterior máis antiga do mundo, e membro da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas. 

  • Jorge Torres (á esquerda na imaxe) con Antonio Rodríguez Miranda, secretario xeral da Emigración
    Jorge Torres (á esquerda na imaxe) con Antonio Rodríguez Miranda, secretario xeral da Emigración
  • Torres (á dereita na imaxe) durante a reunión da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas celebrada en Santiago de Compostela o pasado xuño
    Torres (á dereita na imaxe) durante a reunión da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas celebrada en Santiago de Compostela o pasado xuño
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2014.

A Federación Mundial de Clubs, Centros e Asociacións UNESCO nomeou ao Dr. Jorge Torres Cantalapiedra como Embaixador de cultura de paz e ética global, coas atribucións de Observador nos traballos da 35ª Sesión Executiva da Federación Mundial de Clubs, Centros e Asociacións UNESCO e Panelista da 5ª Conferencia Mundial sobre a Ética Global en Calidade da Educación para América Latina e o Caribe, que se desenvolverá do 26 ao 30 do presente mes de novembro na cidade de Villahermosa, capital do estado mexicano de Tabasco.

A Federación fundamenta este nomeamento no compromiso demostrado por Torres en favor dos Dereitos Humanos e no seu traballo como principal impulsor dos valores que promove a UNESCO durante a súa traxectoria como líder social e educador exemplar.

Jorge Torres Cantalapiedra é presidente do Centro Gallego de Montevideo dende 2011 e membro en representación desta entidade galega -a máis antiga do mundo en funcionamento- da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegasmáximo órgano de representación e reflexión entre plenarios do Consello.

959 lecturas