A Galicia exterior, protagonista do acto de clausura do 50 aniversario de La Región Internacional

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2017.

A Secretaría Xeral da Emigración será protagonista da xornada conmemorativa do 50 aniversario La Región Internacional, cronistas de la emigración, que se celebrará mañá no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense coa súa participación nas diferentes mesas de ​actualidade que conforman o programa e que serán moderadas pola xornalista Almudena Iglesias.

A da mañá, que dará inicio ás 11:30 horas, levará por título El valor de la emigración e estará integrada por José Guillermo Álvarez e Ana María Rodríguez, coordinadores do departamento internacional de Abanca; e Andrés Andrade, quen formou parte do equipo de promoción exterior de Caixa Ourense-Caixa Nova durante 30 anos e foi director das sucursais de Allariz, Ramirás e Celanova. Xunto a eles, dous dos catorce membros da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas que a Secretaría Xeral vén de celebrar en Celanova esta mesma semana, Beatriz Carballo, secretaria de la Asociación Civil Hijos del Ayuntamiento de Zas; e Roberto González , presidente de la Hermandad Gallega de Venezuela, achegarán ás e aos asistentes a realidade das entidades galegas no exterior. Manoel Carrete, asesor de Emigración de la Deputación de Ourense, completará a mesa, que pretende abordar a cuestión do valor da emigración desde todos os ángulos.

Presente y Futuro de la Emigración. Retos y Oportunidades de las Comunidades Autónomas é o título da mesa da tarde, que dará comezo ás 17 horas coa participación de Antonio Rodríguez Miranda, secretario xeral da Emigración da Xunta de Galicia; e José Manuel Herrero Mendoza, secretario xeral da Junta de Castilla y León. Ambos profundarán nos aspectos máis relevantes da emigración nas dúas comunidades nun foro que tamén estará aberto aos beneficiarios e beneficiarias das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME), que poderán contar a súa experiencia ao público presente no Centro Cultural marcos Valcárcel de Ourense. Trátase dun acto aberto ao público en xeral e de entrada gratuíta.

296 lecturas