Galicia conquista o corazón de Nova York coa súa cultura e gastronomía

O secretario xeral da Emigración participa na semana ‘Galician Cinema & Food Festival’, que exhibe a actualidade e modernidade do país en pleno corazón de Manhattan.

Miranda gaba o éxito dos galegos e galegas na cidade máis influente do mundo, asegurando que “hoxe somos, en boa medida grazas ao voso traballo, punta de lanza do continente e do mundo”.

  • Na imaxe, Miranda fai entrega dunha camiseta da selección galega de fútbol a Formoso, en presenza do representante do Cosmos
    Na imaxe, Miranda fai entrega dunha camiseta da selección galega de fútbol a Formoso, en presenza do representante do Cosmos

  • O secretario xeral da Emigración afirmou en Nova York que 'os galegos temos acadado cotas hai ben pouco inimaxinables de éxito en todo o mundo. Nos ámbitos empresarial, educativo, deportivo, económico, político, cultural, de todo tipo, hai un galego no cumio'
    O secretario xeral da Emigración afirmou en Nova York que "os galegos temos acadado cotas hai ben pouco inimaxinables de éxito en todo o mundo. Nos ámbitos empresarial, educativo, deportivo, económico, político, cultural, de todo tipo, hai un galego no cumio"
  • Na imaxe, Miranda fai entrega dunha camiseta da selección galega de fútbol a Formoso, en presenza do representante do Cosmos
    Na imaxe, Miranda fai entrega dunha camiseta da selección galega de fútbol a Formoso, en presenza do representante do Cosmos
  • Estes días, a través do ‘Galician Cinema & Food Festival’, estase dando a coñecer a nosa cultura e gastronomía na cidade máis influínte do mundo
    Estes días, a través do ‘Galician Cinema & Food Festival’, estase dando a coñecer a nosa cultura e gastronomía na cidade máis influínte do mundo

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2017.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou no acto central do ‘Galician Cinema & Food Festival’, que se celebra ao longo desta semana en Manhattan, a ‘Gran Mazá’ de Nova York, e que nesta xornada se centrou na influenza de Galicia na historia e actualidade da cidade máis importante do mundo.

Así, proxectouse en primeiro lugar a película Alén do Cosmos, centrada na vida do galego, ex xogador do mítico club de fútbol Cosmos, Santiago Formoso, quen foi protagonista do día tras recibir, de man do representante da entidade deportiva, unha camiseta asinada por tódolos xogadores. No mesmo momento, Miranda fíxolle entrega tamén dunha camiseta oficial da selección galega de fútbol, co seu nome e o dorsal que decote empregaba, o 25.

O filme personaliza en Formoso a experiencia de milleiros de galegas e galegos que, coma el, chegaron un día á Gran Mazá empurrados pola ansia de superación e a posibilidade dun mellor futuro para eles e os seus. Na proxección estiveron presentes, ademais de Miranda, a directiva do club, autoridades locais, unha ampla representación das colectividades galega e española, e o director do organismo anfitrión, o Instituto Cervantes en Nova York, Ignacio Olmos.

Trala proxección, interveu o director do filme, Pedro Pablo Alonso, e tivo lugar a presentación oficial e degustación dalgúns dos produtos galegos con denominación de orixe, en colaboración coas consellerías do Mar, e do Medio Rural. Trátase dun dos moitos eventos que, ao longo de toda a semana, está a dar a coñecer a actualidade e modernidade de Galicia, fundamentalmente da man das súas producións cinematográficas e gastronómicas, a milleiros de veciños e veciñas de Nova York.

Punto común
Na súa alocución ás e aos presentes, moitas e moitos deles galegos e españois residentes na megalópole, Miranda fixo fincapé na tradición xacobea, que supón o principal argumento da proxección internacional de Galicia, e que enlaza directamente coa idiosincrasia actual da cidade dos rañaceos: “Desde a Antigüidade, recibimos a peregrinos e visitantes de todas as nacións, sentímonos especialmente cómodos en cidades que acollen a persoas de tantas razas, cores, relixións e culturas como Nova York”.

Asegurou o secretario xeral que os produtos degustados no evento “son elementos que permiten recibir a sensación desta terra única, e o traballo e suor de tantos galegos ao longo dos séculos, desta terra do Camiño de Santiago e a tumba do Apóstolo, da Torre de Hércules, da Muralla de Lugo, da Ribeira Sacra, e de máis de 1.500 quilómetros de costa en tan pouco territorio”. Miranda afirmou tamén que degustar estes produtos “é moito máis ca  alimentarse ben; é recibir a enerxía de todos eses homes e mulleres traballando ao longo de máis de vinte e un séculos”.

Tamén afirmou o secretario xeral da Emigración que “os galegos temos acadado cotas hai ben pouco inimaxinables de éxito en todo o mundo. Nos ámbitos empresarial, educativo, deportivo, económico, político, cultural, de todo tipo, hai un galego no cumio. Despois de séculos, hoxe somos -en boa medida grazas ao voso traballo- punta de lanza do continente, e do mundo”, asegurou.

Galegas e galegos en Estados Unidos
Segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística a 1 de xaneiro de 2017, residen arestora nos Estados Unidos de América un total de 19.450 galegas e galegos, a metade procedentes da provincia da Coruña; dese conxunto da colectividade galega, un 60% (11.394) naceron xa na diáspora.

Esa mesma porcentaxe, en torno a seis de cada dez, é a que se calcula que conforman os galegos e galegas dentro da cidadanía española residente concretamente na cidade de Nova York e a súa contorna.

1239 lecturas