A Fundación Carolina ofrece 607 bolsas na súa convocatoria 2016-2017

A convocatoria cobre a totalidade das áreas do coñecemento e está dirixida en exclusiva ás e aos estudantes de Iberoamérica para que completen a súa formación en España. 

Bolsas Fundación Carolina - Convocatoria 2016-2017
Bolsas Fundación Carolina - Convocatoria 2016-2017
Listen to this page using ReadSpeaker
Madrid, 1 de decembro de 2015.

A Fundación Carolina abriu unha nova edición da súa convocatoria de bolsas, correspondente ao curso académico 2016-2017. Nesta 16ª edición ofértanse 607 bolsas distribuídas en seis modalidades: 349 bolsas de postgrao, 50 da Escola Complutense de Verán, 140 de doutorado e de estanzas curtas postdoutorais, 29 bolsas de mobilidade de profesoras e profesores brasileiros, 5 bolsas de proxectos ao emprendimiento e 34 bolsas de estudos institucionais. A convocatoria cobre a totalidade das áreas do coñecemento e está dirixida en exclusiva ás e aos estudantes de Iberoamérica para que completen a súa formación en España.

Nesta edición, a convocatoria suma un total de 196 programas académicos distribuídos en todas as CC.AA. de España. Ademais, por vez primeira, integra un programa de doutorado coa Universidade da Habana, que se suma aos máis de 110 convenios que a institución ten subscritos con Iberoamérica. Como cada ano, os candidatos e candidatas haberán de someterse a un rigoroso proceso de selección, determinados pola excelencia curricular e a independencia das e dos avaliadores.

A asignación das bolsas atense a un depurado sistema de xestión en cuxo proceso de selección, pautado por varios filtros, participan comités académicos de avaliación e expertas e expertos profesionais independentes que analizan os méritos dos candidatos e candidatas.

Os prazos de solicitude para optar ás distintas modalidades de bolsa corresponden ás seguintes datas: a convocatoria para as bolsas da Escola Complutense de Verano permanecerá aberta ata o 10 de febreiro, as de postgrao, proxectos ao emprendimiento e estudos institucionais ata o 6 de marzo e as de doutorado, estanzas curtas e mobilidade de profesorado brasileiro ata o 7 de abril. As e os candidatos poden encontrar toda a información referente ás bolsas na web www.fundacioncarolina.es, dende onde se tramitan as solicitudes.

As modalidades de bolsas da Fundación Carolina son as seguintes:

  • Bolsas de postgrao. Dirixidas a graduados e graduadas dun país membro da Comunidade Iberoamericana de Nacións, con capacidade académica ou profesional avalada por un currículo sobresaínte
  • Bolsas de doutorado e estanzas curtas postdoutorais. Ambas as dúas modalidades convócanse en colaboración cunha institución educativa de Iberoamérica, ben para propiciar a obtención do grao de doutor en España; ben para perfeccionar a formación postdoutoral de profesorado de centros universitarios de Iberoamérica
  • Bolsas de mobilidade de profesoras e profesores brasileiros. Permiten unha estanza de investigación en España a profesorado ou técnicos superiores de universidades, así como a investigadores e investigadoras de organismos públicos de investigación de Brasil
  • Bolsas Escola Complutense de Verán. Orientadas a profesionais e graduados e graduadas dun país iberoamericano para que amplíen coñecementos en materias dos seus ámbitos de interese
  • Proxectos de Emprendemento. Permiten que as e os estudantes complementen a súa formación cun período de prácticas en empresas cun alto compoñente tecnolóxico, co fin de que gañen experiencia laboral e adquiran unha aprendizaxe efectiva
  • Programa de Estudos Institucionais. Bolsas para o Curso de Altos Estudos Estratéxicos para Oficiais Superiores Iberoamericanos do Centro Superior de Estudos da Defensa Nacional (CESEDEN), principal centro docente das Forzas Armadas

Fonte e foto: Fundación Carolina

1500 lecturas