Feijóo valora a vontade da mocidade descendente de emigrantes galegas e galegos por implicarse e dar continuidade á galeguidade en Uruguai

O titular da Xunta continúa a súa viaxe institucional en Uruguai, cun acto homenaxe da Federación de Institucións Españolas do Uruguai, no que tivo ocasión de saudar tamén ás presidentas e presidentes de centros galegos no país, así como a numerosos mozos e mozas de orixe galega. 

Feijóo valora a vontade da mocidade descendente de emigrantes galegos e galegas por implicarse e dar continuidade á galeguidade en Uruguai. 

  • O presidente da Xunta entregou as 'compostelas' ás mozas e mozos galegos do Uruguai participantes no programa 'Conecta con Galicia 2015' da Secretaría Xeral da Emigración
    O presidente da Xunta entregou as 'compostelas' ás mozas e mozos galegos do Uruguai participantes no programa 'Conecta con Galicia 2015' da Secretaría Xeral da Emigración
  • O presidente da Xunta entregou as 'compostelas' ás mozas e mozos galegos do Uruguai participantes no programa 'Conecta con Galicia 2015' da Secretaría Xeral da Emigración
    O presidente da Xunta entregou as 'compostelas' ás mozas e mozos galegos do Uruguai participantes no programa 'Conecta con Galicia 2015' da Secretaría Xeral da Emigración
Listen to this page using ReadSpeaker
Montevideo, 24 de abril de 2016.

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, valorou hoxe a vontade dos mocidade descendente de emigrantes galegos e galegas por implicarse e dar continuidade á galeguidade en Uruguai.

Logo dun acto homenaxe da Federación de Institucións Españolas do Uruguai, onde tivo ocasión de saudar tamén ás presidentas e presidentes de centros galegos no país, así como a numerosos mozos e mozas de orixe galega que, como participantes do programa Conecta con Galicia 2015, recibiron as súas 'compostelas'; Feijóo destacou e agradeceu o feito de que queiran seguir unidos e unidas a Galicia e a España, de que dentro dos seus obxectivos estea o de manter os vínculos con Galicia e, en consecuencia, obter maior responsabilidade na dirección dos centros galegos, dos centros da emigración.

O titular da Xunta continuará coa súa visita a Uruguai mañá luns, día en que manterá un encontro na Cámara Oficial Española de Comercio de Uruguai, onde estarán as e os principais empresarios españois no país. E, posteriormente manterá tamén unha reunión co intendente da cidade de Montevideo, Daniel Martínez.

Xa pola na tarde do luns, o responsable do Goberno galego terá ocasión de reunirse co presidente da República Oriental de Uruguai, Tabaré Vázquez.

1109 lecturas