Feijóo pídelle aos emigrantes galegos e galegas “que se convertan nos representantes de Galicia en México” e que fomenten os intercambios comerciais entre ambos os dous territorios

O titular da Xunta mantivo este sábado un encontro coa colectividade galega no que se lle rendeu homenaxe a Luis Piñeiro, presidente durante 12 anos do Centro Galego de México.

Lembra as posibilidades de importación cara ao país azteca de produtos galegos, fundamentalmente agroalimentarios.

Destaca a excelente acollida de Galicia en México e a alianza estratéxica selada entre ambos os dous territorios, grazas ao longo camiño percorrido antes polos e polas emigrantes.

“Hai un ano e medio, aproximadamente, asinamos un acordo estratéxico con Pemex para facer barcos en Galicia, tanto en Vigo como en Ferrol, e hoxe podemos confirmar, despois da reunión que mantivemos co director xeral da petroleira, que conseguimos xa máis carga de traballo, máis barcos que os que inicialmente tiñamos previstos”, afirma.

Subliña o compromiso e a entrega de Luis Piñeiro, a quen lle agradece “doce anos de traballo, de esforzo, de desvelos e compromisos con Galicia e con España”.

  • O titular da Xunta mantivo este sábado un encontro coa colectividade galega no que se lle rendeu homenaxe a Luis Piñeiro, presidente durante 12 anos do Centro Galego de México
    O titular da Xunta mantivo este sábado un encontro coa colectividade galega no que se lle rendeu homenaxe a Luis Piñeiro, presidente durante 12 anos do Centro Galego de México
  • O titular da Xunta mantivo este sábado un encontro coa colectividade galega no que se lle rendeu homenaxe a Luis Piñeiro, presidente durante 12 anos do Centro Galego de México
    O titular da Xunta mantivo este sábado un encontro coa colectividade galega no que se lle rendeu homenaxe a Luis Piñeiro, presidente durante 12 anos do Centro Galego de México
  • O titular da Xunta mantivo este sábado un encontro coa colectividade galega no que se lle rendeu homenaxe a Luis Piñeiro, presidente durante 12 anos do Centro Galego de México
    O titular da Xunta mantivo este sábado un encontro coa colectividade galega no que se lle rendeu homenaxe a Luis Piñeiro, presidente durante 12 anos do Centro Galego de México
  • De esquerda a dereita: Luis Piñeiro (presidente saínte do Centro Gallego de México); Florencio Gulías (presidente actual); Antonio Rodríguez Miranda, secretario xeral da Emigración; e José Manuel Rey, tesoureiro da entidade galega na capital azteca
    De esquerda a dereita: Luis Piñeiro (presidente saínte do Centro Gallego de México); Florencio Gulías (presidente actual); Antonio Rodríguez Miranda, secretario xeral da Emigración; e José Manuel Rey, tesoureiro da entidade galega na capital azteca
Listen to this page using ReadSpeaker
México D.F., 16 de marzo de 2014.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, pediulle este sábado ás e aos emigrantes galegos en México -ao igual que fixo na xornada do venres co empresariado galego afincado no país-, que continúen traballando por Galicia e fomentando os intercambios comerciais entre ambos os dous territorios xa que, lembrou, as e os emigrantes son o mellor activo de Galicia no exterior. Así o dixo durante o encontro que mantivo coa colectividade galega no país azteca, durante o cal se lle rendeu homenaxe a Luis Piñeiro, presidente durante doce anos do Centro Galego de México.

“Na xornada de onte eu propoñíalles a vostedes que tentasen traballar por Galicia e que se convertesen nos representantes de Galicia en México”, un país de case 120 millóns de habitantes e unha cidade, México D.F., que conta con 20 millóns de cidadáns e cidadás, indicou. “E quero reiterarlles ese ofrecemento”, subliñou Feijóo, lembrando a este respecto as posibilidades de importación de produtos galegos cara ao país azteca, entre as que destacou a de produtos agroalimentarios como o viño galego ou o xamón de porcos criados con castañas.

Na súa intervención, o presidente da Xunta lembrou que a excelente acollida de Galicia en México e a alianza estratéxica selada entre ambos os dous territorios é froito dun longo camiño percorrido antes polas e polos emigrantes.

“En México fomos acollidos polo Goberno mexicano, polo Goberno de Peña Nieto e pola gran empresa petroleira Pemex”. “Hai un ano e medio, aproximadamente, asinamos un acordo estratéxico con Pemex para facer barcos en Galicia, tanto en Vigo como en Ferrol, e hoxe podemos confirmar, despois da reunión que mantivemos co director xeral da petroleira, que conseguimos xa máis carga de traballo, máis barcos que os que inicialmente tiñamos previstos”, manifestou Feijóo ao respecto.

Centro Galego de México e Luis Piñeiro
O xefe do Executivo autonómico tamén quixo destacar o labor desenvolvido polo Centro Galego de México, unha institución con 103 anos de historia, e o traballo levado a cabo por Luis Piñeiro, que pilotou a entidade nos últimos doce anos: “Luis estivo tres lexislaturas, doce anos, á fronte de Galicia en México e, polo tanto, estivo á fronte dunha entidade centenaria (..); unha entidade que ten tantos anos coma anos teñen as familias que viñeron a este país e que se quedaron, a maioría delas, e que se remontan xa ao século pasado”, sinalou.

“Para min é unha honra poder estar hoxe aquí, non para despedir, senón simplemente para agradecer a un amigo doce anos de traballo, doce anos de esforzo e doce anos de desvelos e de compromisos con Galicia e, en consecuencia, con España”, aseverou Feijóo, incidindo en que Luis Piñeiro deixa un “centro remodelado e ampliado”. “Ter aguantado durante doce anos as dificultades económicas de España e de Galicia non ten sido fácil”, recoñeceu o presidente da Xunta, quen subliñou que o importante “non é ter superado os momentos fáciles”, senón que o importante é facerlle fronte aos momentos de dificultade.

O titular da Xunta rematou a súa intervención desexándolle ao novo presidente do Centro Galego de México, Florencio Gulías, éxito á fronte desta institución centenaria: “Florencio, moitas grazas polo teu traballo; sei que vas facer un excelente labor”.

A colectividade galega de México está formada, actualmente, por arredor de 11.500 persoas, das que só preto de 3.000 son orixinarias de Galicia.

1055 lecturas