Feijóo destaca as Medallas do Consello da Cultura Galega como a proba de que as galegas e os galegos somos un pobo e unha cultura que dan a man, que achegan, e sen medo ao futuro

O titular da Xunta presidiu este mediodía o acto de entrega das Medallas do Consello da Cultura Galega. 

Destaca a traxectoria de Pablo Figueroa Dorrego, cunha mención especial ao seu desempeño como director da EGAP. “Contamos cun servizo público eficiente, independente e implicado. Valores que encarna este galardoado”, asevera. 

Sobre Ana Paula Laborinho, recorda que son moitos os logros acadados polo Instituto Camôes na etapa presidida pola premiada: desde a extensión da presenza do portugués, ata a súa introdución como lingua estranxeira en varios países. 

Lembra que Paco Lores fixo da cultura galega algo universal e ao mesmo tempo próximo. 

Traslada tamén palabras de recoñecemento para o presidente do Consello da Cultura e para a institución pola folla de ruta para modernizar a xestión da cultura, así como pola promoción activa da lusofonía.

Resalta a Lei Paz Andrade como o instrumento que fai posible ese reencontro entre culturas que será historicamente definitivo.

Incide en que a Estratexia da Cultura Galega 2021 quere poñer á disposición do país un traballo rigoroso e coral, no que está a ser crucial o diagnóstico feito polo Consello da Cultura Galega.

Reivindica o papel desta institución como un tesouro de coñecementos sobre o que somos, un lugar de encontro de sensibilidades e unha fonte inesgotable de iniciativas.

  • O titular da Xunta presidiu este mediodía o acto de entrega das Medallas do Consello da Cultura Galega
    O titular da Xunta presidiu este mediodía o acto de entrega das Medallas do Consello da Cultura Galega
  • O titular da Xunta presidiu este mediodía o acto de entrega das Medallas do Consello da Cultura Galega
    O titular da Xunta presidiu este mediodía o acto de entrega das Medallas do Consello da Cultura Galega
  • O titular da Xunta presidiu este mediodía o acto de entrega das Medallas do Consello da Cultura Galega
    O titular da Xunta presidiu este mediodía o acto de entrega das Medallas do Consello da Cultura Galega
  • O titular da Xunta presidiu este mediodía o acto de entrega das Medallas do Consello da Cultura Galega
    O titular da Xunta presidiu este mediodía o acto de entrega das Medallas do Consello da Cultura Galega
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 23 de maio de 2018.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, referiuse hoxe aos galardoados coas Medallas do Consello da Cultura Galega como a proba de que as galegas e os galegos somos un pobo e unha cultura que dan a man, que achegan, agrupan e non teñen medo ao futuro. “Un pobo único e diverso, sen fracturas, que comparte unha cultura que non é de ninguén e que quere incorporarse ás grandes correntes culturais, tal e como é”, aseverou.

Durante o acto, o responsable do Executivo autonómico destacou deste xeito a longa traxectoria de Pablo Figueroa Dorrego, cunha mención especial ao seu desempeño como director da EGAP. “Contamos cun servizo público eficiente, independente e implicado. Valores que encarna este galardoado”, dixo.

En relación a Ana Paula Laborinho, recordou que son moitos os logros acadados polo Instituto Camôes na etapa presidida pola premiada. Desde a extensión da presenza do portugués, ata a súa introdución como lingua estranxeira en varios países, ou o seu recoñecemento como lingua de acceso ao ensino superior.

“E pertence a Francisco Lores Mascato a idea de que as entidades da emigración son de todos os galegos, españois e arxentinos, aínda que sexan persoas concretas as que as fan nacer e levan adiante”, resaltou, lembrando que Paco Lores fixo da cultura galega algo universal e ao mesmo tempo próximo.

Ao longo da súa intervención, o titular da Xunta tivo tamén palabras de recoñecemento para o presidente do Consello da Cultura, Ramón Villares, e para a institución pola folla de ruta para modernizar a xestión da cultura, así como pola promoción activa da lusofonía, como proba, por exemplo, a incorporación de Galicia á Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa.

Nesta liña, lembrou que son moitas tamén as iniciativas que Galicia impulsa para conectarse cun territorio idiomático conformado por 250 millóns de persoas, destacando dun xeito especial a Lei Paz Andrade como o instrumento que fai posible ese reencontro entre culturas que será historicamente definitivo. “E o Plan da Cultura Galega atópase en pleno desenvolvemento”, engadiu, facendo fincapé en que a Estratexia da Cultura Galega 2021 quere poñer á disposición do país un traballo rigoroso e coral, no que está a ser crucial o diagnóstico feito polo Consello da Cultura Galega.

Nun momento histórico no que ás veces se confunde a lonxevidade dunha institución, ou mesmo dunha Constitución coa súa obsolescencia, Feijóo aseverou que este Consello da Cultura, creado polo Parlamento galego en 1983, refuta as teses dos que menosprezan o valor da experiencia e a tradición.

“Acertaron os redactores do Estatuto, acertaron os presidentes que rexeron a vida desta institución e acertaron igualmente os gobernos que viron no Consello da Cultura unha fonte de coñecementos sobre o que somos, un lugar de encontro de sensibilidades e unha fonte inesgotable de iniciativas”, dixo, precisando que, xunto ás redes sociais de tipo virtual, cómpre situar redes comunitarias nas que a sociedade dialogue consigo mesma sen fragmentarse en parcelas incomunicadas.

“Galicia incorpórase ás correntes globais sen esvaerse nelas. Protexe o seu sen erguer fronteiras que finalmente asfixiarían a nosa creatividade”, matizou, facendo fincapé en que esa capacidade de acollida da cultura galega logra que a súa xurisdición sexa inmensa. “A nosa divisa segue sendo o anosar de Álvaro Cunqueiro, e grazas a iso, a cultura do noso país non se fai máis cativa senón moito máis grande”, abundou, recordando que esa cordialidade coa que a revestimos, lonxe de significar debilidade, supón unha enorme fortaleza.

397 lecturas