Feijóo confirma que Galicia segue a ser unha das comunidades máis solventes e máis seguras ao cumprir o déficit público no ano 2013 por debaixo do tope máximo autorizado polo Goberno de España

Valora que Galicia acabe de confirmar que o déficit público do ano 2013 sexa do 1,1%, cando o obxectivo era do 1,2%; e agradece a todas as empregadas e todos os empregados públicos o seu traballo así como ao Goberno “a súa disposición, o seu empeño e os resultados”.

Subliña que un déficit público do 1,1% -por debaixo do réxime do déficit público autorizado e por debaixo da media do déficit público do resto das comunidades- “acredita que estamos nunha posición clara de seguir consolidando as contas públicas e de seguir apostando pola solvencia das mesmas”.

Considera que o feito de que Galicia cumprise o déficit este ano e o ano pasado por debaixo dos obxectivos acredita que estamos máis cerca da recuperación económica.

Subliña que a débeda pública do ano 2013 quedou 3,6 puntos por debaixo da media do resto das comunidades.

Listen to this page using ReadSpeaker
Panamá, 19 de marzo de 2014.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, confirmou hoxe, durante a súa viaxe institucional a Panamá, que Galicia segue a ser unha das comunidades autónomas máis solventes e máis seguras ao cumprir o déficit público no ano 2013, por debaixo do tope máximo de déficit público autorizado polo Goberno de España. “En definitiva, estamos a falar de cumprimento do déficit público do ano 2013 e de cumprimento por debaixo dos obxectivos, de xeito que Galicia se converte así nunha das comunidades máis solventes e máis seguras desde o punto de vista das finanzas públicas do conxunto do Estado”, aseverou.

Feijóo valorou que Galicia acabe de confirmar que o déficit público do ano 2013 sexa do 1,1%, cando o obxectivo era do 1,2%; e agradeceu a todas as empregadas e todos os empregados públicos o seu traballo así como ao Goberno “a súa disposición, o seu empeño e os resultados”.

Nesta liña, subliñou que un déficit público do 1,1% -por debaixo do réxime do déficit público autorizado e por debaixo da media do déficit público do resto das comunidades- “acredita que estamos nunha posición clara de seguir consolidando as contas públicas e de seguir apostando pola solvencia das mesmas”. “Por iso –engadiu-, a Xunta de Galicia é unha das comunidades máis solventes de España e por iso estamos colocando a débeda pública no mercado ordinario”.

Feijóo lembrou que Galicia é unha autonomía que desde o ano 2009 vén cumprindo, ano tras ano, os obxectivos de déficit público. “E este ano e o ano pasado –precisou- cumprímolo por debaixo dos obxectivos; o que acredita que estamos máis cerca da recuperación económica e que estamos diminuíndo a débeda pública da comunidade en termos de PIB en relación coa media das comunidades. E, de feito a débeda pública do ano 2013 quedou 3,6 puntos por debaixo da media do resto das comunidades”.

Documentación asociada
Documentación asociada
Audio coas declaracións do presidente da Xunta 432.25 KB
982 lecturas